Na constitución 19 do capítulo XXI das Constitucións da Congregacion de San Bieito da Observancia do ano 1610, establécese un procurador xeneral para levar todos os preitos das casas da congregación que se presentaren perante a Real Audiencia da Coruña. Este procurador será nomeado polo definidor da congregación e contará co auxilio de dous letrados. A creación desta figura non implica que as propias casas non poidan representarse de seu e conten co seu propio procurador.
Na cidade da Coruña, a Procuración Xeneral da Relixión de San Bieito estableceuse nunha casa na rúa de Herrerías, onde estivo ata a desamortización de 1820, cando pasou a ser propiedade do concello da cidade, que, xunto coa Casa da Procuración de San Bernado, instalou unha escola e un cárcere público (RAG. 9083/170).
No ano 1617 xa nos aparece un libro de audiencias que presenta o procurador xeneral da orde, Pedro Deza, ao tomar posesión do seu cargo perante a Real Audiencia, citando o seu equipo de letrados e procuradores. En 1757 xa se indica que está traballando e nela se atopan os preitos do libro 45.295/1: Libros de asento dos preitos da Orde Beneditina na Real Audiencia de Galicia, que neste libro comezan en 1703.
Como apunta o libro de Pedro López Gómez, “La Real Audiencia de Galicia y el Archivo del Reino de Galicia” na súa páxina 177, o xuíz protector dos mosteiros de San Bieito e San Bernardo é o propio rexente da Real Audiencia.
A Casa da Procuración estaba na rúa Herrerías da cidade da Coruña, que pasa a mans do concello, que dedica unha á cárcere da cidade e outra a unha escola de primeiras letras.
Tamén pode aparecer co nome de Axencia de San Bieito da cidade da Coruña.
Historia archivística
Fondo que chegou mesturado cos fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña, que ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permaneceu en dependencias públicas e incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance y contenido
O fondo comprende series documentais basicamente relacionadas coa xestión eclesiástica da comunidade, o goberno do seu señorío e a adquisición e administración do patrimonio do mosteiro. Unha parte da documentación está composta polas series procedentes dos mosteiros e conventos que incorporou a principios do século XVI.
O fondo conservado no ARG áchase moi minguado. Fundamentalmente son series documentais sobre a adquisición e administración do seu patrimonio.
O fondo conservado no ARG áchase moi mermado. Fundamentalmente son series documentais sobre a adquisición e administración do seu patrimonio.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Titular de los derechos:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Normativa de aplicación:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia