Jacobo Rey Sánchez nace o 12 de abril de 1911, fillo de Jacobo Rey Daviña, socio fundador da razón social Hijos de Simeón García y Compañía, sociedade regular colectiva con sede en Vilagarcía de Arousa. Jacobo Rey Daviña foi así mesmo alcalde de Vilagarcía; unha rúa desta localidade leva o seu nome.
O 1 de marzo de 1926 Jacobo Rey Sánchez ingresa na empresa; no ano 1962 acada a condición de socio. O 1 de agosto de 1972 atopámolo como director xerente da Casa de Vilagarcía. Na mesma época, está documentada a súa actividade como axente comercial colexiado e director do Banco Simeón: temos correspondencia entre 1969 e 1978 na que actúa como axente comercial en negocios de compra de vinagre e viño.
Lamentablemente, non posuímos máis datos biográficos. Unicamente, comentar que foi a súa viúva, Teresa Barreiro Meiro, quen depositou o fondo no ARG.
Historia archivística
A documentación do fondo Jacobo Rey Sánchez conservábase mesturada coa da empresa Hijos de Simeón García y Compañía, da que era director xerente.
O fondo, como o da empresa, que estaba en poder da súa viúva dª Teresa Barreiro Meiro, chegou ao Arquivo do Reino de Galicia o 11 de agosto de 2000. Someteuse a un primeiro exame tras a oferta de cesión por parte de Dna. Teresa á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en réxime de comodato.
A cesión é aprobada polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo o 24 de xaneiro de 2001; 14 de maio de 2001 asínase o contrato.
Alcance y contenido
Conforman o fondo unhas poucas series documentais que reflicten, sobre todo, as actividades desenvolvidas por Jacobo Rey Sánchez á marxe da empresa Hijos de Simeón García y Compañía, como son, por exemplo: Libros borradores de cobros de comisión e Resumos de ingresos e gastos da Cociña Económica.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Determinadas series están afectadas por limitacións no acceso, de acordo co previsto no artigo 57 da lei 16/1985, de patrimonio histórico español.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Pode atoparse documentación relacionada no fondo Hijos de Simeón García y Compañía e no Arquivo Municipal de Vilagarcía de Arousa.