Bernardo de la Torre y Galán, presbítero, natural de San Salvador de Bergondo e veciño de Santa María de Brión, é sobriño de Pedro Andrés de Galán, presbítero e cura propio de Santa María de Brión, sobriño á súa vez de Benito de Galán, cura propio da mesma parroquia e da Graña, dos que herda unha inxente cantidade de patrimonio adquirido polos seus antecesores, tamén presbíteros, como Pedro Galán, que xa aparece como cura propio desta parroquia e comeza a compra de bens en 1641.
Historia archivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982, mesturado dentro do fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, encargado de transferir ao Arquivo do reino de Galicia a documentación procedente da antiga xurisdición de Ferrol.
Seguramente esta documentación chegou en cumprimento do Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820 (5143/12). O decreto establecía a obriga de construír ou dedicar unha peza para arquivo na capital cabeza de partido; nela habían de gardarse todos os procesos civís e criminais correspondentes ás poboacións, xurisdicións e coutos do partido, así como os protocolos dos escribáns que facelesen no seu distrito, con formal lista duns e doutros, con expresión do seu estado e foliación (fol.3).
Alcance y contenido
A meirande parte da documentación reflicte a adquisición de bens por parte dos seus antepasados a través das escrituras de compravenda, cesión, doazón ou permuta, así como a súa administración, escrituras de arrendamento, de foro...
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao ser depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español; pasan a gozar, polo tanto, do réxime de protección que estas normas establecen para as ditas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Real Audiencia de Galicia, Xulgado da vila de Ferrol e da Graña, Documentación notarial
Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia