Trátase dunha sección funcional. Segundo este criterio, pódese definir como a encargada de realizar as actividades que reflicten as relacións da empresa coas administracións públicas, así como cos provedores e clientes. A ela se adscriben, por tanto, ademais dos documentos xustificativos desas actividades, aqueloutros que acreditan a súa legalidade á hora de exercer os seus negocios. Entre as funcións que realiza, destacamos as seguintes: a obtención das cédulas de habitabilidade ou da licenza de apertura, que lles permiten desenvolver as súas actividades; a sinatura de contratos: arrendamento, préstamo, subministración eléctrica, de seguros, etc; a recepción e expedición de correspondencia; a conservación das escrituras de constitución da sociedade mercantil ou dos valores que posúe. Estas funcións reflíctense, entre outras, nas seguintes series documentais: Cédulas de habitabilidade; Contratos de subministración de enerxía eléctrica; Correspondencia; Libros copiadores de cartas; Escrituras de constitución de sociedade mercantil, etc.
Historia archivística
A documentación do fondo Hijos de Simeón García y Compañía conservábase en poder de dona Teresa Barreiro Meiro, viúva de Jacobo Rey Sánchez, quen a comezos do ano 2000 ofreceu cederlle os fondos documentais á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en réxime de comodato.
O fondo ingresou no Arquivo do Reino de Galicia o 11 de agosto de 2000, onde se procedeu a un primeiro exame da documentación co fin de coñecer o seu interese. Tras o informe favorable do director do centro, o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo acepta a cesión mediante a resolución do 24 de xaneiro de 2001.
O día 23 de marzo de 2001 ten lugar a recepción definitiva do fondo no Arquivo do Reino de Galicia. O 14 de maio de 2001 asínase o contrato de cesión en réxime de comodato.
Alcance y contenido
Documentación de orixe funcional que se refire a toda a actividade desenvolvida pola secretaría, reflectida en diversas series: Cédulas de habitabilidade, Contratos de subministración de enerxía eléctrica, Correspondencia, Escrituras de arrendamento, Escrituras de constitución de sociedade mercantil, Libros copiadores de cartas, etc.
Copia
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Determinadas series están afectadas por limitacións no acceso, de acordo do previsto no artigo 57 da lei 16/1985 do patrimonio histórico español.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A normativa de aplicación é a que segue:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Carolina
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Pode considerarse relacionada a documentación do fondo Jacobo Rey Sánchez. Atoparase documentación complementaria no Arquivo Histórico Provincial de Ourense e no Arquivo Universitario de Santiago de Compostela. Sociedade Mercantil "Hijos de Simeón García y Cía" (AHP Ourense).