Historia da institución que custodia os fondos de arquivo:
O Arquivo do Reino de Galicia é na actualidade un centro de titularidade estatal con xestión transferida á Xunta de Galicia, que recibe, custodia e difunde fondos documentais de ámbito galego e coruñés de natureza pública e privada.
Depende orgánicamente do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, e funcionalmente da Subdirección xeral de Arquivos, dentro da Secretaría xeral de Cultura da CCEOU.
Creado no ano 1775 para custodiar os documentos producidos pola Real Audiencia de Galicia, convertida máis tarde en Audiencia Territorial da Coruña, desde finais do século XIX e, sobre todo a partir do século XX recibirá tamén documentación doutras institucións de ámbito territorial galego. Finalmente distintas normas asignaranlle o papel de Arquivo Histórico Provincial da Coruña para os documentos da Administración central periférica, primeiro, e da autonómica despois. Custodia tamén fondos privados e amplas coleccións de fotografía, cartografía e de postais
Fundación do arquivo
Data:
1775
Texto legal:
Real Cédula do rei Carlos III do 22 de outubro de 1775
Integración en sistema archivístico o red de archivos
Pola súa orixe, vinculada á Real Audiencia de Galicia, o seu ámbito territorial é o de Galicia. Esta institución foi o órgano de xustiza, administración e goberno durante o Antigo Réxime (ate o ano 1834), en que a sucedeu, na súa función xudicial, a Audiencia Territorial da Coruña e hoxe, e desde 1989, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Desde o século XIX, foi sumando outros fondos documentais procedentes da Administración territorial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia na provincia da Coruña.
Destacan tamén os fondos privados de familias e empresas, así como as diversas coleccións textuais, cartográficas e iconográficas e audiovisuais.
Cronoloxicamente, os seus fondos documentais abarcan desde o século XVI ata o século XXI, pero existen documentos soltos datados no século IX.
O Arquivo responde á tipoloxía de arquivo xeral de Galicia e histórico provincial da Coruña.
3.7. Fondos
Fondos y otras colecciones custodiadas
Nome da ligazón ó cadro de clasificación:
Cuadro de clasificación
4.1. Horarios de apertura
Horario de apertura:
De luns a venres, ás 8.30 h
Horario de peche:
Inverno, ás 20.30 h - Verán, ás 19.30 h
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia