O arcediagado de Nendos, establecido xa no ano 1177, era unha división territorial da diocese de Santiago que facilitaba a administración e a relación do bispo co seu clero. Á fronte de cada arcediagado estaba un arcediago que tiña a obriga de visitar anualmente os arciprestados de Abegondo, Cerveiro ou Xanrozo e o de Bergantiños, que á súa vez integraban varias parroquias. Como representante ou vigairo do bispo tiña amplas facultades xurisdicionais; entre elas, a de nomear os clérigos das distintas freguesías do seu territorio que lle presentaban cadanseus patróns. Esta institución desaparece co Concordato de 1851.
Historia arquivística
Fondo que chegou mesturado cos fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña que ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permaneceu en dependencias públicas, incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance e contido
O fondo comprende series documentais basicamente relacionadas coa xestión eclesiástica da comunidade, o goberno do seu señorío e a adquisición e administración do patrimonio do mosteiro. Unha parte está composta polas series procedentes dos mosteiros e conventos que incorporou a principios do século XVI.
O fondo conservado no ARG áchase moi minguado. Fundamentalmente son series documentais sobre a adquisición e administración do seu patrimonio.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral.
Titular dos dereitos:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Normativa de aplicación:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia