Expediente de redención dun censo sobre a casa número 4 da rúa Sobre a Muralla, pertencente ao Colexio de Orfas de Betanzos, a favor de Luisa Pita Díaz, veciña de Betanzos, número 510 do inventario.
Subsección funcional encargada da xestión das propiedades e dereitos do Estado
Historia arquivística
A documentación da Intendencia provincial e logo da Administración económica provincial permaneceu no edificio da antiga Intendencia de Galicia, que segundo unha memoria presentada por Andrés Martínez Salazar, ocupaba a mellor parte do edificio ata que as autoridades militares se fixeron con el, relegando esta documentación ao sotos húmidos, onde a arroxaron toda sen nengún tipo de consideración. Na mesma memoria indica que o delegado, enterado de que a Deputación provincial dispoñía dunha casa libre, solicita o traslado a ese espazo duns 725 legaxos de papeis e libros de propiedades e dereitos do Estado e libros procedentes de varias bilbiotecas de conventos da provincia; aquí conservouse ata o seu traslado ao arquivo. Esta situación de abandono explica o mal estado de parte da documentación conservada
O fondo da Delegación Especial ingresou directamente desde o organismo remitente. Unha parte achábase na súa sede, na rúa Comandante Fontanes da Coruña; outra, recibida nas últimas transferencias, estaba depositada nunha nave na Travesía de Orillamar.
Alcance e contido
Expedientes tramitados para a licitación por conta do Estado dos censos, imposicións e cargas de calquera especie e natureza que pertenzan ás comunidades monacais e conventuais que xa foran suprimidos e todos os seus bens aplicados á nación.
O real decreto de 5 de marzo de 1836 establece que se aplican á amortización da débeda pública todos os valores procedentes da supresión dos mosteiros e conventos declara en estado de redención todos os censos, imposicións e cargas de calqueira especie e natureza que pertenzan ás comunidades monacais e conventuais que xa foran suprimidos e todos os seus bens aplicados á nación e mandados vender polo Real decreto de 19 de febreiro de 1836.
O expediente comeza coa publicación das rendas a redimir, indicando a súa situación, renda que producen e que institución pertencían, e a data na que se producirá a poxa. Esto comunicáse aos xuíces de primeira instancia para que o publiquen e presidan a poxa. Durante a poxa os interesados fan as súas ofertas. Estas envíanse á Dirección xeral de contribucións directas, estatística e fincas do Estado, sección de bens nacionais que aprobará o remate e ordenará a publicación do nome do comprador e a cantidade pola que se lle adxudica o ben rematado.
Así mesmo esta dirección xeral dará orde ao administrador de contribucións directas, estatística e fincas do Estado da Coruña para que segundo o indicado na Real orde que aproba a instrucción de 1 de marzo de 1836 o comunique ao xuíz de subasta do partido correspondente para que llo notifique ao interesado que fixará o modo de pago. Elexido o modo de pago o xuíz pasará o expediente orixinal á contadoría para a liquidación das cargas reais, a liquidación farase rapidamente. O xuíz enviará a liquidación ao adxudicatario para que a faga efectiva en 15 días. Ao comprador se lle proveerá dos documentos necesarios para que o comisionado administrador reciba a quinta parte ao contado antes do outorgamento da redención e os documentos de obriga das catro quintas partes seguintes a pagar en catro anos.
Todo isto remíteselle ao director xeral de contribucións directas, estatística e fincas do Estado, sección de bens nacionais que dará orde para que se formalice a escritura de venda outorgada polo xuíz da poxa con indicación de estar hipotecada.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso restrinxido de acordo coa normativa de aplicación.
Este fondo atópase en proceso de organización e descrición, polo que o cadro de clasificación e as súas seccións, subseccións e series, coas súas datas e volume, poden sufrir modificacións.
As seccións, subseccións e series coas súas datas e volumes refírense á documentación xa organizada e descrita.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia