Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de...

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.15030.ARG/1.7.4.1.

Título

  • Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Data de creación

  • 1935-01-01 / 1994-12-31. 1935 a 1994

Data de acumulación

  • 1935-01-01 / 1994-12-31. 1935 a 1994

Nivel de descrición

  • Fondo

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 8000 Unidade(s) de instalación

Creador/es

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

Historia arquivística

  • Esta documentación foi ingresada no Arquivo directamente pola súa entidade produtora.

Alcance e contido

  • Este fondo abarca un período cronolóxico comprendido entre os anos 1945 e 1990. O seu ámbito xeográfico é o da provincia da Coruña. Só conta cunha serie documental, Expedientes de visado, que plasman a actividade de visar os traballos dos arquitectos para darlles validez; á súa vez, a serie conta con numerosas subseries, tantas como arquitectos.

Condicións de acceso

Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • A consulta dos expedientes de menos de 40 anos debe contar con autorización de acceso. Deberá solicitarse sempre autorización expresa ao Colexio Oficial de Arquitectos ou ao arquitecto autor do proxecto.

Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
Lingua:
  • Spanish; Castilian

Características físicas

Estado de conservación:
  • Bo
Descrición do estado de conservación:
  • A documentación atópase en soporte de papel. O tamaño varía duns documentos a outros. Xeralmente os planos atópanse pregados tamaño folio.

Documentación relacionada

Existencia e localización de orixinais

  • Localización de orixinais:

Existencia e localización de copias

  • Existencia de copias: Non existen copias
    Información adicional da copia: No caso dos expedientes de visado, a copia que conserva o ARG é a do COAG, pero existen outras: a do arquitecto e as dos promotores.

Unidades de descrición relacionadas

  • Unidades de descrición relacionadas: Dentro do propio ARG existen distintos fondos que poden ter relación co COAG da Coruña. Á parte disto, no fondo do Goberno Civil da Coruña existen series directamente relacionadas, tales como: Expedientes de demolicións de obras; Expedientes de autorización de construción, apertura e funcionamento de locais de espectáculos públicos, os relativos ás aperturas e peches de establecementos; Planos provinciais de obras e servizos, etc. Tamén están relacionados os fondos da Comisaría do Patrimonio Artístico e Monumental da Zona Noroeste, onde se atopan expedientes dos monumentos arquitectónicos incluídos no patrimonio histórico; e o do Sanatorio Marítimo Nacional de Oza, onde hai unha serie denominada Obras con numerosos expedientes relativos á construción do sanatorio. Xa fóra do propio ARG, parece lóxico que nos arquivos municipais existan series complementarias ás do COAG, por exemplo, na sección de Obras e Urbanismo. Por outra banda, en todos os organismos públicos con competencias para executar investimentos de obras custódianse documentos de carácter arquitectónico. Gran parte destas fontes atópanse depositadas no AGA, procedentes de ministerios con competencias específicas nesta materia. Así tamén, interesa a documentación dos órganos autonómicos que teñan estas competencias. Por último, temos que facer mención aquí á documentación dos distintos colexios oficiais de arquitectos de España e das súas delegacións.