O Arquivo do Reino de Galicia é na actualidade un centro de titularidade estatal con xestión transferida á Xunta de Galicia que recibe, custodia e difunde fondos documentais de ámbito galego e coruñés de natureza pública e privada. Depende orgánicamente da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura da CCEOU.
O edificio, inaugurado no ano 1955 e remodelado entre os anos 2000 e 2003, está ubicado no Xardín de San Carlos, na cidade da Coruña.
Creado para custodiar a documentación producida pola Real Audiencia de Galicia, convertida máis tarde en Audiencia Territorial da Coruña, desde finais do século XIX e, sobre todo, a partir do século XX recibirá tamén documentación doutras institucións de ámbito territorial galego.
Finalmente distintas normas asignaranlle o papel de Arquivo Histórico Provincial da Coruña para os documentos da Administración central periférica, primeiro, e da autonómica despois. Custodia tamén fondos privados e amplas coleccións de fotografía, cartografía e de postais.
ACCESO
O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Inverno :
Luns a venres: 8:30 a 20:30 h.
Verán (16 de xuño a 16 de setembro) :
Luns a venres: 8:30 a 19:30 h.
CONTACTO
Teléfonos: 881 960 360 / 881 960 371
Fax: 881 960 374
Correo electrónico: arq.reino.galicia@xunta.es
Web: www.arquivosdegalicia.org
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal