Os tribunais industriais creáronse pola Lei do 19 de maio de 1908 (cunha modificación no ano 1912). O tribunal estaba formado por un xuíz e un xurado de catro membros: os dous que representaban á patronal e outros dous ás organizacións obreiras. Estes tribunais coñecían da aplicación do contrato de arrendamento de servizos, de traballo, de aprendizaxe, de embarque, de accidentes de traballo e todos os incumprimentos de carácter social que non estivesen fincados noutra xurisdición específica. O Goberno podía decretar o establecemento dun tribunal industrial na cabeza dun partido xudicial, con xurisdición sobre todo o territorio do partido, sempre que o estimase oportuno e á petición de obreiros e patróns do territorio. De acordo con isto, o Real Decreto de 21 de outubro de 1908 establece que se crearán os seguintes tribunais industriais na provincia da Coruña: Betanzos, A Coruña, Ferrol e Santiago. Nos demais partidos as funcións serán atribuidas aos xulgados de primeira instancia.
No proceso destes tribunais, unha das principais características era que o xurado emitía un veredito en canto aos feitos probados, pera era o xuíz o que ditaba a sentenza. As sentenzas dos tribunais industriais eran recurribles en recurso de revisión ante a Sala Civil da audiencia territorial ou en casación ante o Tribunal Supremo.
En 1926, o Decreto-lei de Organización Corporativa Nacional creou os comités paritarios con funcións normativas delegadas e de prevención e conciliación de conflitos colectivos; aínda que tamén lle foron outorgadas funcións xurisdicionais en relación con horarios, descansos, despedimentos e outras condicións que emanaban directamente do contrato de traballo. Solapáronse en canto ás competencias cos xa existentes tribunais Industriais, pero con todo estes últimos só se limitaron a litixios coñecedores de accidentes laborais habendo unha simetría perfecta en canto ás competencias de ambos os órganos xurisdicionais.
Unha lei de novembro de 1931 creou os xurados mixtos. O xurado mixto era un ente procesual paritario de normación e conciliación, tamén con funcións xurisdicionais, nas reclamacións por despedimentos, abono de diferenzas salariais e horas extraordinarias. O comité paritario foi substituído por este xurado mixto, aínda que as competencias seguíanse solapando, unha vez máis, cos tribunais industriais.
Mediante o Decreto do 13 de maio de 1938 suprimíronse os xurados mixtos e os tribunais industriais, declarándose que as competencias pasaban a formar parte dos maxistrados de Traballo. O mesmo decreto creou o mesmo corpo de maxistratura e modificou a regulación do proceso laboral, remitíndose en moitas ocasións ao Código do Traballo.
A Lei do 17 de outubro de 1940 creou as maxistraturas de Traballo como entes xurisdicionais. A lei do 22 de decembro de 1949 regulou os recursos de suplicación e casación no interese da Lei. Posteriormente, a Lei do 24 de abril de 1958 refundiu as normas procesuais anteriores.
A Lei Orgánica do Poder Xudicial introduciu modificacións estruturais e de nomenclatura, de forma que a Xurisdición Laboral pasou a denominarse Orde Xurisdicional Social.
O procedemento laboral desenvolveuse a partir da Lei 7/1989 de Bases do Procedemento Laboral, articulada pola Lei de Procedemento Laboral (texto articulado de 1990).
Historia archivística
O Decreto publicado o 3 de xuño de 1938 sobre suspensión dos Xurados Mixtos e Tribunais Industriais e creación da Maxistratura del Traballo, establece na disposición transitoria que, no prazo de quince días, os Xurados Mixtos e os Tribunais Industriais farán entrega da súa documentación a os Maxistrados de Traballo, polo tanto, a documentación dos tribunais coma a dos xulgados de primeira instancia, que viñan desempeñen as funcións dos tribunais, forón remitidas á Maxistratura de Traballo da Coruña.
A documentación chegou ao Arquivo do Reino de Galicia a través da primeira transferencia da Maxistratura de Traballo nº 1 o 27 de xullo de 1972.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Informação mantida e publicada na Internet pela Xunta de Galicia