Xorden a partir dun Real Decreto de 1861 no que se dispón que a liquidación do Dereito de Hipotecas debe ser realizada polos rexistradores da propiedade nos partidos en que residan e consolídase como consecuencia da aplicación das Leis e Reais Ordenes de 1867 e 1868 nas que se regula o imposto sobre as translacións de dominio, encomendando a súa liquidación aos rexistradores da propiedade de cada partido.
En 1900, 1901, e 1907 regúlase a liquidación dos impostos de transmisións e sucesións e as competencias das oficinas liquidadoras no que afecta á investigación de actos e contratos suxeitos ao imposto: sucesións, doazóns, transmisións e actos xurídicos documentados. A función de inspección das devanditas oficinas corría a cargo dos avogados do Estado, dependentes das delegacións de Facenda.
Actualmente ao ser transferidas as competencias sobre a cobranza destes impostos á Comunidade Autónoma a función de inspección e control exércea o Xefatura Territorial da Consellería de Facenda e Administración Pública.
Unha parte dos documentos (253 unidades de instalación) ingresaron no ano 2004 procedentes da propia oficina liquidadora nunha transferencia conxunta con outras da provincia realizada pola Delegación Territorial de Economía e Facenda da Coruña. A outra (410 unidades de instalación) recibiuse no ano 2018 desde o Arquivo Histórico Universitario de Santiago, que as custodiaba xunto cos doutras oficinas (Santiago, Corcubión, Negreira e Padrón).
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Informação mantida e publicada na Internet pela Xunta de Galicia