Xorden a partir dun Real Decreto de 1861 no que se dispón que a liquidación do Dereito de Hipotecas debe ser realizada polos rexistradores da propiedade nos partidos en que residan e consolídase como consecuencia da aplicación das Leis e Reais Ordenes de 1867 e 1868 nas que se regula o imposto sobre as translacións de dominio, encomendando a súa liquidación aos rexistradores da propiedade de cada partido.
En 1900, 1901, e 1907 regúlase a liquidación dos impostos de transmisións e sucesións e as competencias das oficinas liquidadoras no que afecta á investigación de actos e contratos suxeitos ao imposto: sucesións, doazóns, transmisións e actos xurídicos documentados. A función de inspección das devanditas oficinas corría a cargo dos avogados do Estado, dependentes das delegacións de Facenda.
Actualmente ao ser transferidas as competencias sobre a cobranza destes impostos á Comunidade Autónoma a función de inspección e control exércea o Xefatura Territorial da Consellería de Facenda e Administración Pública.
O fondo foi transferido pola Delegación da Coruña da Axencai Estatal Tributaria da Coruña. Presumiblemente, con antelación custodiaríase na propia oficina produtora.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Informação mantida e publicada na Internet pela Xunta de Galicia