A Lei hipotecaria do 8 de febreiro de 1861 que crea o Rexistro da Propiedade supón a desaparición das Contadorías de Hipotecas en 1862. No proxecto de lei de presupostos do ano 1868 anúnciase a desaparición dos liquidadores-recadadores do imposto de translación de dominio; serán os rexistradores da propiedade os que rexistren e recaden estes ingresos. Os funcionarios dependerán agora de Facenda para o que respecta ao cobro do imposto e como rexistradores, ao Ministerio de Graza e Xustiza. Ademais, en cada administración da facenda pública existirá un negociado de translacións de dominio cun oficial letrado á súa fronte. En 1881 crearase unha oficina liquidadora dependente de Facenda en todos os lugares onde exista rexistro da propiedade.
En 1900, 1901, e 1907 regúlase a liquidación dos impostos de transmisións e sucesións e as competencias das oficinas liquidadoras no que afecta á investigación de actos e contratos suxeitos ao imposto: sucesións, doazóns, transmisións e actos xurídicos documentados. A función de inspección das devanditas oficinas corría a cargo dos avogados do Estado, dependentes das delegacións de Facenda.
Actualmente ao ser transferidas as competencias sobre a cobranza destes impostos á Comunidade Autónoma a función de inspección e control exércea o Xefatura Territorial da Consellería de Facenda e Administración Pública.
A documentación deste fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982, mesturada dentro do fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, que fora encargado de transferir ao Arquivo a documentación procedente da antiga xurisdición de Ferrol. Con todo, xa existía unha parte que ingresara no Arquivo en anos anteriores, mesturada co fondo da Delegación Especial de Facenda da Coruña.
Alcance e conteúdo
A series documentais descenden directamente do nivel de fondo en orde alfabética
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Informação mantida e publicada na Internet pela Xunta de Galicia