Os colexios de arquitectos foron creados en España a través do Real decreto do 27 de decembro de 1929, que impoñía a colexiación dos arquitectos como requisito previo para o exercicio da profesión. Encomendábaselle ao Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes fixar o número de colexios e aprobar os seus estatutos e fixaba o 1 de marzo de 1931 como data límite para a súa constitución.
Os estatutos dos colexios foron establecidos no Decreto da Presidencia Provisional da República do 13 de xuño de 1931, e modificados polo Decreto 374/1969, do 27 de febreiro. Segundo estes estatutos, o Colexio de Arquitectos organizábase así: decano, xunta de goberno, xunta xeral e delegacións provinciais. Nas delegacións había tres colexiais, con funcións de representación e como auxiliares da xunta de goberno.
A Orde do 16 de xullo de 1930 fixa o número, extensión e capitalidade dos distintos colexios, establecendo unha división en 6 zonas coas seguintes sedes: León, Bilbao, Barcelona, Madrid, Valencia e Sevilla. O Colexio de León aprobou o seu regulamento de réxime interno o 5 de setembro de 1931. Comprendía as provincias da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Oviedo, León, Zamora, Salamanca e Palencia.
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) creouse no ano 1973, por segregación do anterior Colexio de León, Asturias e Galicia, a través do Decreto do 2 de maio de 1973. Os seus estatutos, aprobados mediante o Decreto 293/1999, definen este colexio como unha corporación de dereito público, constituída segundo a lei e integrada polos arquitectos que reúnen os requisitos establecidos nos propios estatutos. Ten personalidade xurídica propia, a súa capacidade de obrar é plena para o cumprimento dos seus fins e goza de plena autonomía no marco da normativa que lle é de aplicación e baixo a garantía xurisdicional dos tribunais de xustiza. O seu ámbito territorial é o de Galicia. A súa estrutura organizativa aséntase en dous niveis:
- O central, en Santiago, cos seguintes órganos: Xunta Xeral, Xunta de Goberno (que leva a xestión directiva do COAG e que está composta polo decano, o tesoureiro, o secretario e os presidentes das xuntas directivas de delegacións, mais outros vogais, e o decano.
- O territorial, coas delegacións na Coruña, Lugo, Ourense , Pontevedra, Vigo e Ferrol, que se compoñen da Xunta de Delegación e da Xunta Directiva de Delegación (presidente, tesoureiro e secretario).
As funcións do COAG, que se agrupan en cinco grandes bloques, son:
- A función de rexistro: leva ao día a relación dos seus membros e a súa habilitación para o exercicio profesional; certifica os datos de rexistro e facilita aos órganos xurisdicionais e ás administracións públicas as relacións dos arquitectos que poidan ser requiridos para intervir como peritos.
- A función de representación, que consiste en representar a profesión de arquitecto e os seus intereses xerais fronte aos poderes públicos; actuar perante eles e perante os xuíces e tribunais de xustiza nos litixios que afecten os intereses profesionais; informar sobre os proxectos de disposicións que afecten as atribucións ou condicións da actividade dos arquitectos ou cooperar na mellora do ensino e da investigación de arquitectura.
- A función de ordenación e control, que ten como cometido evitar a intrusión profesional establecendo niveis mínimos de dilixencia profesional; mirar polo respecto aos dereitos de propiedade intelectual dos arquitectos; visar, para a súa validez, os traballos profesionais dos arquitectos; exercer a potestade disciplinaria sobre os arquitectos e establecer normativas sobre a actividade profesional, entre outras.
- A función de servizo, que establece os baremos de honorarios e xestiona o seu cobramento.
- A función de organización, que implica aprobar e modificar os estatutos, aprobar e executar os orzamentos e ditar as normas de organización e funcionamento interno.
Historia archivística
Esta documentación foi ingresada no Arquivo directamente pola súa entidade produtora.
Alcance e conteúdo
Este fondo abarca un período cronolóxico comprendido entre os anos 1945 e 1990. O seu ámbito xeográfico é o da provincia da Coruña.
Só conta cunha serie documental, Expedientes de visado, que plasman a actividade de visar os traballos dos arquitectos para darlles validez; á súa vez, a serie conta con numerosas subseries, tantas como arquitectos.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A consulta dos expedientes de menos de 40 anos debe contar con autorización de acceso. Deberá solicitarse sempre autorización expresa ao Colexio Oficial de Arquitectos ou ao arquitecto autor do proxecto.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Para a reprodución dos documentos, ademais do límite marcado polo seu estado de conservación, os usuarios deberán contar sempre coa autorización previa do Colexio Oficial de Arquitectos. Non obstante, aqueles usuarios que acrediten interese lexítimo de acordo coa normativa no acceso aos documentos (propietarios, arquitecto autor do expediente, persoa autorizada polo propietario do inmoble...) estarán exentos de presentar a autorización previa.
En calquera caso, os expedientes de entidades bancarias e edificios públicos (hospitais, edificios administrativos...) serán sempre de acceso restrinxido. A súa consulta e/ou copia deberá ser sempre xustificada .
A reprodución estará ademais suxeita ao pagamento dos prezos públicos e ás condicións que sinala a normativa de aplicación:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
A documentación atópase en soporte de papel. O tamaño varía duns documentos a outros. Xeralmente os planos atópanse pregados tamaño folio.
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales:
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias Información adicional de la copia: No caso dos expedientes de visado, a copia que conserva o ARG é a do COAG, pero existen outras: a do arquitecto e as dos promotores.
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Dentro do propio ARG existen distintos fondos que poden ter relación co COAG da Coruña. Á parte disto, no fondo do Goberno Civil da Coruña existen series directamente relacionadas, tales como: Expedientes de demolicións de obras; Expedientes de autorización de construción, apertura e funcionamento de locais de espectáculos públicos, os relativos ás aperturas e peches de establecementos; Planos provinciais de obras e servizos, etc. Tamén están relacionados os fondos da Comisaría do Patrimonio Artístico e Monumental da Zona Noroeste, onde se atopan expedientes dos monumentos arquitectónicos incluídos no patrimonio histórico; e o do Sanatorio Marítimo Nacional de Oza, onde hai unha serie denominada Obras con numerosos expedientes relativos á construción do sanatorio. Xa fóra do propio ARG, parece lóxico que nos arquivos municipais existan series complementarias ás do COAG, por exemplo, na sección de Obras e Urbanismo. Por outra banda, en todos os organismos públicos con competencias para executar investimentos de obras custódianse documentos de carácter arquitectónico. Gran parte destas fontes atópanse depositadas no AGA, procedentes de ministerios con competencias específicas nesta materia. Así tamén, interesa a documentación dos órganos autonómicos que teñan estas competencias. Por último, temos que facer mención aquí á documentación dos distintos colexios oficiais de arquitectos de España e das súas delegacións.
Informação mantida e publicada na Internet pela Xunta de Galicia