Que é esta páxina? 

 

Esta páxina dá acceso á información dos anos da década de 1950  relacionada co Catastro parcelario de rústica correspondente á provincia da Coruña e concretamente a:

-          As imaxes dixitais das fotografías aéreas.

-          Ás imaxes dixitais dos planos de distribución de fotografías.

-          As descricións que constan na base de datos do Arquivo.

É un sitio que irá medrando de forma progresiva conforme se engadan na base de datos todas as imaxes dixitais dos diferentes concellos da provincia.

O número total de fotografías que inclúe o fondo documental da Xerencia Rexional do Catastro é de 25.041 e o de planos, 2.672. Todos estes documentos refírense á provincia da Coruña.