Que é o Catastro?

 

O Catastro Inmobiliario defínese no portal da Dirección Xeral do Catastro como “un rexistro administrativo dependente do Ministerio de Facenda e Función Pública no que se describen os bens inmobles rústicos, urbanos e de características especiais”.

Este rexistro cumpre pois un servizo público que se concreta, segundo Tomás Moreno Bueno (Breve crónica de un siglo de Catastro en España (1906-2002), en catro aspectos:

-          Identificación dos bens inmobles

-          Soporte da xestión tributaria

-          Control de axudas agrarias

-          Ordenación do territorio e da actividade económica en xeral.