Ademais das dúas series documentais de carácter gráfico mencionadas, o Catastro parcelario comprende outros documentos textuais ou, na terminoloxía catastral, “literais”, que complementan a información que achegan aqueles documentos. Entre eles, destacan, en relación coa riqueza rústica, os libros de polígono, as cédulas (individuais) de propiedade ou os libros padróns. No que se refire á riqueza urbana, os principais documentos catastrais conservados no Arquivo son os planos urbanos a gran escala (1 : 5.000 ou maior), as cédulas individuais de propiedade e os libros padróns.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal