Dada a composición, organización e notas manuscritas que figuran no fondo documental, este debeu de ser reunido e organizado por María Mercedes Regueira Corral. Posiblemente, unha vez que ela faleceu en 2012, o fondo foi vendido por algún dos seus herdeiro á Librería Orillamar, que foi quen llo vendeu ao CEDAR. A documentación ingresou no CEDAR no día 11/12/2015.
Alcance y contenido
Inclúe só catro documentos. Os catro son diplomas de premios e homenaxes polo seu labor como artesán especializado na talla. En concreto son: “Obra Sindical “Arteanía”, IV Concurso-exposición provincial de Artesanía, Primer premio de talla en madera ... [1947]; “Premio de mérito el curso 1949 a 1950 y en el grupo cuarto de la asignatura Metalistería [de la] Escuela de Artes y Oficios Artísticos. Oviedo”; “Diploma de 1º Premio de talla en marfil otorgado al artesano Adolfo Pérez Graña de Oviedo en el VII concurso Provincial de Artesanos celebrado en oviedo el 21 de setiembre de 1951”; e “Cuadro de honor de artesanos ilustres [de la] Obra Sindical de Artesanía, de 1955”.