Por real decreto de 8 de setembro de 1850 creáronse oito escolas de comercio: Madrid, Barcelona, Cadiz, Málaga, Santander, Sevilla, Valencia e A Coruña. Todas estas escolas integráronse dentro dos Institutos de Segunda Ensinanza. Por real decreto de 16 de xullo de 1852 a Escola de Comercio da Coruña (ao igual que outras catro escolas) independizouse do Instituto de Segunda Ensinanza. A Ley General de Instrución Pública de 9 de setembro de 1857 voltou a integrar ás escolas dentro dos Institutos. Implantou un plano de estudos consistente en que para obter a titulación elemental (denominados na norma "Estudios de Aplicaición") era necesario cursar 3 anos. Estes eran os estudos que se cursaban na Escola da Coruña. Os estudos superiores, denominados na norma "Estudios Profesionales" só podían ser cursados na escola de Madrid.
O Real decreto de 11 de agosto de 1887 aprobou uns novos planos de estudo e crea as escolas de comercio autónomas con profesorado especializado. O plano de estudos estableceu o título de "Perito Mercantil" dunha duración de tres cursos e o de "Profesor Mercantil" que se obtiña cursando un cuarto curso.
O decreto de 27 de setembro de 1912 deu lugar á creación dun terceiro título de nivel superior e recoñecemento universitario; "Profesor Mercantil Superior". O real decreto de 31 de agosto de 1922 basicamente mantería a estrutura dos estudos establecida en 1912. Situación que se mantería inalterable durante os seguintes 30 anos.
A Escola de Comercio trasladouse á súa histórica sede no campus de Riazor no curso 1944/1945. A Lei do 17 de xullo de 1953 "sobre Ordenación de los Estudios Económicos y Comerciales" privou a estes do seu grao superior que pasaron ás Facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais. O Decreto 1378/1972 de 10 de maio, "sobre integración das Escolas Profesionales de Comercio en la Universidad como Escuelas Universitarias de Estudios Empresariales" integrou ás escolas da Coruña e Vigo na Universidade de Santiago. Por resolución de 12 de xaneiro de 1974 aprobouse o plano de estudos da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Coruña.
A Lei 11/1989, de 20 de xullo, de universidades de Galicia e o Decreto 3/1990, de 11 de xaneiro, creou a Universidade da Coruña por segregación dos centros situados na Coruña e en Ferrol da Universidade de Santiago. Entre estes centros figuraba o Escola Universitaria de Estudos Empresariais.
Fontes bibliografícas:
-FRAGA RODRÍGUEZ, Enrique: "Escuela de Comercio de la Coruña; datos y consideraciones acerca de la gran siganificación de la enseñanza mercantil y de la historia e importancia de dicha escuela." Escuela de Comercio de la Coruña, 1944.
-MARTÍNEZ BARBEITO, Josefina: "Presentación" en "Guía do Curso 1995-1996. Escola de Estudos Empresariais da Coruña, 1995.
Historia arquivística
A conservación da documentación da Escola de Comercio da Coruña e da Escola Universitaria de Estudo Empresariais ven marcado polos seguintes feitos salientables.
1º Cando se produciu a segregación da Universidade da Coruña da Universidade de Santiago de Compostela (1989-1990) unha parte esencial da documentación da Escola de Comercio e da Escola Universitaria de Estudos Empresariais foi transferida ao Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.
2º) No ano 2001 a Escola Universitaria de Empresariais trasladouse desde o seu antigo edificio no Campus de Riazor ao novo edificio no Campus de Elviña. Nesa altura, unha parte da documentación existente foi tamén trasladada ao novo edificio. Queda por determinar que documentación foi trasladada nese momento.
3º) O 15 de decembro de 2011 realizouse o traslado físico da documentación que restaba no depósito do antigo edificio da Escola de Comercio no Campus de Riazor ao CEDAR. Esta documentación atopábase nun estado moi precario de clasificación e ordenación, así como nunhas condicións ambientais pouco adecuadas.
4º) Desde decembro de 2011 ata abril de 2012 limpouse, clasificouse e ordenouse a documentación, sendo instalada en caixas de arquivo definitivo no Depósito 1 do CEDAR. Igualmente, realizouse a descrición completa da documentación transferida. Finalmente, a transferencia foi asinada no día 11 de maio de 2012.
Alcance e contido
Contén a documentación producida e recibida pola Escola de Comercio da Coruña (1850-1972) e da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Coruña (1972-1989) ata que esta, xunto co resto dos centros universitarios da cidade, segregouse da Universidade de Santiago de Compostela, integrándose na Universidade da Coruña. A documentación que chegou ata os nosos días varía moito, principalmente en función das datas de produción. Do século XIX conservanse só unhas 20 caixas de arquivo. Da primeira metade do século XX, a documentación conservada aínda é máis escasa. O volume da documentación conservada só aumenta a partir de 1950, e aínda máis a partir 1970.
Condicións de acceso
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota xeral
- No campo Data de Entrada figura o 28/02/2012 pois ese foi o día en que se comezou a describir o fondo na aplicación informática Albalá. - O fondo está descrito en 936 rexistros. (27/04/2012)
Nota á área de identificación
O campo 1.5 (Volume) deste fondo foi actualizado por última vez o día 04/01/2017.