O CEDAR é o Centro de Documentación e Arquivo da Universidade da Coruña. A Lei 11/1989, de universidades de Galicia creou a Universidade da Coruña por segregación da Universidade de Santiago de Compostela. A universidade conta con dous campus, un na Coruña e outro en Ferrol.

O Cedar custodia os fondos públicos da propia Universidade da Coruña e, entre outros, os das escolas de Comercio e Náutica da Coruña, así como fondos privados de persoas e familias.

Ten a súa sede no Edificio Xoana Capdeville no campus universitario de Elviña da cidade da Coruña.

 

ACCESO

O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, contido e prazos impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Inverno :
Luns a venres: 8:30 a 14:30 h.

Verán (xullo e agosto) :
Luns a venres: 9:00 a 14:30 h.

 

CONTACTO

Teléfono: 981 167 000
Fax: 981 227 094
Correo electrónico: cedar@udc.es
Web: www.udc.es/srda/cedar