O Ministerio de Educación e Ciencia, por solicitude da Deputación Provincial e do Concello da Coruña, a través do Decreto 2586/1972, creou o Colexio Universitario da Coruña como centro adscrito á Universidade de Santiago.
No Colexio Universitario da Coruña impartíronse os estudos dos primeiros ciclos das facultades de Filosofía e Letras, de Ciencias e de Ciencias Económicas e Empresariais.
A Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do Sistema Universitario de Galicia creou as universidades da Coruña e Vigo por segregación de centros, até entón dependentes, da Universidade de Santiago. O Decreto 3/1990, de 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiado de Compostela con todos os seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas universidade da Coruña e Vigo incorporou o Colexio Universitario da Coruña á nova Universidade da Coruña.
Historia archivística
Este fondo documental permaneceu no edificio onde tiña a súa sede o Colexio Universitario no campus da Zapateira. Este edificio foi o que posteriormente ocupou a Facultade de Ciencias. En 2017 o fondo foi transferido da Facultade de Ciencias para o Centro de Documentación e Arquivo en dúas transferencia sucesivas.
A maioría documentación do fondo estivo durante a súa permanencia na Facultade de Ciencias nun almacen da planta baixa, sen que existisen especiais medidas que garantisen a súa conservación e correcta organización. Esta documentación foi obxecto da transferencia T-2017-014 (04/09/2017).
Outra parte da documentación, a transferida na T-2017-016 (17/10/2017) permaneceu nas dependencias de dirección da Faculdade de Ciencias.
Alcance e conteúdo
Contén parte da documentación producida e recibida polo Colexio Universitario da Coruña de 1973 a 1990, momento en que o centro é integrado na Universidade da Coruña.
A documentación contida polo fondo é moi parcial dado que maioría dos documentos do colexio foron transferidos para o Arquivo da Universidade de Santiago na época en que se creou a Universidade da Coruña.
Condiciones de acceso
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografiada
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Regular
Notas
Nota al área de identificación
No relativo ás datas, convén indicar que aínda que o Colexio Universitario da Coruña funcionou como tal até 1990, cando foi integrado na Universidade da Coruña, nalgunhas series documentais continuouse a agregar documentación en datas posteriores.
O campo 1.5 (Volume) deste fondo foi actualizado por última vez o día 07/08/2017.