O fondo foi adquirido polo CEDAR á Librería Orillamar no final do ano 2017. A documentación ingresou no CEDAR no día 21/11/2017. Segundo o persoal da Librería Orillamar a documentación procede dos herdeiros dos produtores do fondo.
Alcance e conteúdo
O fondo reúne documentos de Sergio Rivera Chao e do seu fillo José Francisco Rivera Illada. Aínda que nel figuran algúns documentos de identificación persoal e mesmo de colección, a maior parte do fondo está constituída por documentos da xestión de bens e recursos relativos á xestión diversas explotacións mineiras.
Entre as minas que foron propiedade, total ou parcialmente, de Sergio Rivera Chao. e das que o fondo contén documentación, están: Mina Emilita en Corcoesto (Cabanas de Bergantiños), Mina Benedito (Santa Comba), Mina Enrique (A Fonsagrada) e Mina Mercedes (A Fonsagrada).
Salientan moi especialmente os documentos relativo á mina Emilita de Corcoesta, en Cabana de Bergantiños, pola súa amplitude e diversidade. Esta mina foi explotada pola Compañía Aurífera de Galicia, da que Sergio Rivera Chao foi un dos seus principais accionistas. Entre os documentos relativos a ela encóntranse: escritura constitutiva da sociedade Compañía Aurífera de Galicia, correspondencia sobre a xestión da mina, análises da súa composición mineral, memorias e informes, e planos de traballo.
A documentación producida por José Francisco Rivera Illada cínguese principalmente á de carácter fiscal, especialmente o pagamento do Canón de superficie de minas.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia