Expediente instruído a instancia de Antonia Alonso Balteira, viúva do alcaide-carceleiro Miguel López, para liquidar as contas co anterior carceleiro Luis Rodríguez.
1.3 Fechas
Fecha de creación:
1832-12-11 / 1833-05-24. 1832, diciembre, 11 a 1833, mayo, 24
Fecha de acumulación:
1832-12-11 / 1833-05-24. 1832, diciembre, 11 a 1833, mayo, 24
Ferrol foi fundada a principios do século XIII (1202-1214 aproximadamente) ex-novo polo rei Alfonso VI de Galicia e IX de León como fundou moitas das actuais vilas costeiras de Galicia desde Tui a Ribadeo.
Ferrol na idade media era unha vila que perteñecía ao señorío do conde de Lemos. Desde o século XIV ata 1734 existía un concello no que había un alcalde ordinario, tres rexedores e un procurador. A partir de 1734, cando se constrúen os arsenais, Ferrol convértese en vila realenga, e pasa a ter un alcalde maior ou correxidor e un procurador. Nesa época a vila ten un crecemento demográfico espectacular. A partir de 1794 e ata 1837 o presidente do concello foi un gobernador político-militar, agás os períodos constitucionais de 1812 e 1820. A partir de 1837 volven a ser alcaldes, que as veces son maiores e as veces ordinarios, con seus rexidores e procuradores. En 1858 recibe o título de cidade. A súa creación pola Coroa, fixo que o seu crecemento ou declive sempre estivera ligado ao estado de riqueza ou pobreza das arcas do Estado polo que pasou por todas as vicisitudes nos séculos XIX e XX, con períodos de estancamiento e prosperidade. Nas décadas do sesenta- setenta do século XX tivo o seu pleno apoxeo industrial pola construcción naval e o seu declive nas décadas posteriores. O concello actualmente conta con cerca de 78.000 habitantes.
2.3 Historia archivística
Os fondos documentais do Concello de Ferrol foron conservados sempre no edificio da Casa Consistorial, alí onde estivo ubicada. O documento máis antigo do Arquivo é do ano 1376.Consérvase un inventario de mediados do século XIX. O descontrol e destrucción de documentación foi continua no século XX, sendo vendida, inclusive, unha parte do Arquivo de Serantes o 16 de abril de 1982. No ano 1989 créase a praza de arquiveiro municipal e no ano 1990 inaugúrase unha nova etapa, cando se inicia a súa organización. Ten en microfilm algunhas series de documentación histórica. No ano 2002 foi aprobado o seu Regulamento en sesión plenaria de 25 de outubro. Ano a ano introdúcense no Arquivo algunhas melloras pero as instalacións en canto a depósitos documentais son insuficientes para albergar o aumento de volumen documental que produce o crecimento da xestión municipal.
2.4 Forma de ingreso
Forma jurídica del ingreso:
Transferencia
Descripción de la forma de ingreso:
As veces recíbese algún depósito de documentación externa como foi o caso da documentación da Fundación de Amboage. E outras veces, recíbese algunha doazón como foi o Arquivo persoal de Goy de Silva.
3. Área de contenido y estructura
3.1 Alcance y contenido
Contén un Inventario dos efectos do cárcere
3.2 Valoración, selección y eliminación
Valoración, selección y eliminación:
A selección de documentos orixinais para a súa conservación ou eliminación realízase seguindo o disposto na Lei 7/2014, de 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, e do Decreto 15/2016, de 14 de xaneiro, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos
3.3 Nuevos ingresos
Nuevos ingresos o transferencias:
As transferencias fanse normalizadas a través da Folla de remisión de fondo s que fixa o Regulamento do Arquivo.
3.4 Organización
3.05.3.Cárcere do Partido Xudicial
Expedientes
-Actas da Xunta Carcelaria
-Expedientes
Rexistros
-Contas do Cárcere
4. Área de condiciones de acceso y utilización
4.1 Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A consulta débese solicitar por escrito no Rexistro Xeral do Concello, segu indo o estabelecido na Ley 30/92, e no Regulamento do Arquivo Municipal
4.2 Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
As limitacións na reproducción de documentos están encamiñadas á protección e conservación dos documentos. En aqueles de acceso restrinxido, ademáis de cumprir o requisito antedito, só poderán ser reproducidos polos interesados ou con o permiso destes.
4.3 Lengua/Escritura(s) de la documentación
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
4.4 Características físicas
Descripción del estado de conservación:
O estado de conservación en xeral é normal. Hai algunhas series que se atopan moi deterioradas.
4.5 Instrumentos de descripción
Instrumentos de descripción:
Inventario
5. Área de documentación asociada
5.1 Existencia y localización de originales
Localización de originales:
Arquivo do Reino de Galicia
Archivo General de Simancas.
Arquivo de protocolos notariais de A Coruña.
Arquivo Xeral militar de Madrid.
Arquivo Xeral militar de Segovia.
Arquivo Xeral militar de Guadalaja ra.
Arquivo Xeral militar de Avila.
Departamento de arquivo e estudos xeográficos do servizo xeográfico do exército(Madrid).
Arquivo do Museo naval (Madrid)
Arquivo xeral de Marina"Alvaro de Bazán" (Viso del Marqués- Ciudad Real).
5.2 Existencia y localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
5.3 Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas:
-Testemuñas de condena e informes ao xulgado
-Expedientes xudiciais
-Expedientes de orde, protección e vixiancia públicas
-Expedientes de prostitución e hixiene especial
-Contas de Penas de Cámara
5.4 Nota de publicaciones
Publicaciones:
GARCÍA LÓPEZ, María Xesús. Intrumentos de descrición do Arquivo Municipal de Ferrol: o inventario de Montero Aróstegui (1850).Ferrol, Estudios Mindoniense s, 2003.
TRÍPTICO informativo: Arquivo Municipal de Ferrol. 2003
Bibliografía:
BAAMONDE Y ORTEGA, José. Album pintoresco, geográfico, estadístico, históri co y descriptivo...de Ferrol. [ed. facs.].Ferrol, Concello, [2000] (Ferrol, Imprent a de El Eco Ferrolano, 1867).
COMPILACIÓN de manuales de tipología documenta l de los municipios. Madrid, Comunidad, 1997.
MONTERO ARÓSTEGUI, José. Historia y descripción de la ciudad y departamento naval del Ferrol. [ed. facs.] . Ferrol, Embora,2003 (Madrid, Imprenta de Beltrán y Viñas, 1859).
NORES CASTRO, Ricardo. Ferrol de ayer (primera serie). Ferrol, LIbrería del Campus, 1999.
7. Área de control de la descripción
7.1 Nota del archivero
Organización da documentación, instalación, descrición e instrumentos de de scrición realizada por Mª Xesús García López, Axudante de arquivo e biblioteca.
7.2 Reglas o normas
Reglas o normas:
Reglas de catalogación. Madrid, Ministerio de Cultura, 2003
Bonal Zazo, José Luis, Generelo Lanaspa, Juan José, y Travesí de Diego, Carlos. Manual de Descripción Multinivel. Salamanca: Junta de Castilla y León, 2000.
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000