O Arquivo Municipal de Narón custodia os documentos producidos e recibidos polo concello, que a pesar da súa milenaria historia xurde como concello na época de constitución de gran parte dos concellos en 1835, sendo na actualidade un dos de maior crecemento demográfico.
Está situado na Casa do Concello e o seu fondo documental abarca desde 1837 ata a actualidade. Este arquivo de carácter administrativo e histórico está integrado no sistema de arquivos de Galicia.
ACCESO
O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Luns a venres: 8:00 a 14:30 h.
CONTACTO
Teléfono: 981 337 700
Correo electrónico: naron@naron.es
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal