Na "Descripción Económica del Reino de Galicia" de José Lucas Labrada (1804) o antigo Condado de Santa Marta, señorío dos Marqueses de Astorga, estendíase polos terreos dos actuais Concellos de Ortigueira, Cariño e Mañón. Pertencía a unha das antigas sete provincias galegas, á de Betanzos. Máis coa reorganización administrativa e provincial levada a cabo por Mendizábal en 1836 o antigo señorío quedou dividido inicialmente en cinco concellos: San Adrián de Veiga (comprendía a súa parroquia máis as dúas Meras, Feás, Landoi, Sismundi, A Pedra e Cariño), Freires (coas de Devesos, As Neves, Insua e O Ermo), Couzadoiro (composto pola parroquia do mesmo nome, Ladrido, Espasante, Céltigos e Loiba), Ortigueira e Mañón. A distribución municipal non debeu resultar todo o satisfactoria que se podería agardar, e en 1849 os catro xúntanse nun único Concello, o de Ortigueira, deixando Mañón coa súa delimitación territorial.
Os motivos desta decisión quizás podemos atopalos nos elevados custos que lles supoñía manter a súa administración local, circunstancia que indicou de xeito explícito o municipio de Veiga na petición de fusión realizada un ano antes. Ante esta solicitude e tras o apoio recibido polos maiores contribuíntes do municipio ortegano, pediu a incorporación deses Concellos o 22 de xaneiro de 1849.
Historia arquivística
A documentación do Concello de Couzadoiro foi custodiada na súa sede durante a súa existencia. Unha vez incorporado este Concello ao de Ortigueira, o 3 de febreiro de 1850 dispúxose a entrega da documentación uníndose á documentación municipal existente neste Concello.
A localización da documentación municipal de Ortigueira sempre estivo ligada á historia do Concello ao estar instalada na sede municipal. Ao longo dos séculos, especialmente ao longo do século XX, sufriu diversos avatares: espolios, condicións ambientais inadecuadas para a conservación do papel, traballos de organización e posterior desorganización do xa clasificado...
Entre os anos 1944 e 1954 lévase a cabo a organización e clasificación da documentación do arquivo municipal por parte de D. Tomás Moar e Garazo.
Desde outubro do 1988 a marzo de 1989 levouse a cabo unha nova organización por parte de Anxo M. Rosende Fernández.
Cando en marzo de 2001 incorpórase a arquiveira municipal a documentación organizada por Anxo Rosende continúa relativamente ordenada e está toda a documentación posterior sen ordenar. A documentación está instalada en dous espazos, a relativa ao Concello de Couzadoiro está instalada no edificio coñecido como "Antigo Escolar". As condicións ambientais son malas, numerosa documentación presenta unha gran deterioración por humidade. Nese momento realízanse dous traslados. A documentación máis antiga instálase provisionalmente nunha sala do edificio da Escola municipal de música en espera dunha localización definitiva do arquivo histórico.
A comezos do ano 2005 realízase o traslado definitivo da documentación do arquivo histórico ao edificio coñecido como "Antigo Escolar" compartindo instalacións coa biblioteca municipal.
Alcance e contido
Comprende a documentación xerada polo Concello de Couzadoiro dende a súa creación en 1836 ata a súa incorporación ao Concello de Ortigueira en 1849.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia