Documentalmente, sabemos que polo menos desde o século XIII existía o Condado de Ortigueira, e tamén a súa Vila dirixente. Sabemos tamén que cabaleiros orixinarios do mesmo destacaron nas guerras de Reconquista, como os Gallego, Faxardo, Lugo...., e quizais este labor xustifique as mercés e privilexios que recibiu a Vila do Rei Alfonso X, quen no 1255 concedeulle o "Fuero de Benavente", dispoñendo que tivese porto, feira anual de quince días e que contase cunha ampla contorna baixa a súa xurisdición, así como recoñeceu a autoridade dos seus alcaldes.
Ata os Reis Católicos o resto dos monarcas confirmaron os privilexios, pero desde 1372 aparece Pedro Ruíz Sarmiento como Señor de Ortigueira, e no ano 1442 o seu descendente Diego Pérez Sarmiento ostenta o título de primeiro Conde de Santa Marta, que perde así a súa condición de terra baixo a dependencia directa da Casa Real.
Por matrimonio, o condado ortigueirés pasará a unirse ao de Trastámara e ao Marquesado de Astorga desde os primeiros anos do século XVI, para no 1707, ao casar a XIII Condesa de Santa Marta Ana Nicolasa de Guzmán Dávila-Osorio co Conde de Altamira, quedar unido a este último.
O Condado de Santa Marta comprendía o territorio dos actuais concellos de Ortigueira e Cariño, así como o "Coto de Mañón", a hoxe parroquia do mesmo nome. No século XVIII era señorío dos Marqueses de Astorga e pertencía á provincia de Betanzos.
Tras a abolición dos señoríos no ano 1833, por unha nova organización administrativa quedou dividido en cinco concellos: Ortigueira, Mañón, San Adrián de Veiga, Freires e Couzadoiro, aínda que estes tres últimos terán unha vida breve, pasando en 1850 a incluírse no primeiro.
Nese ano, o Concello de Ortigueira recuperaba as terras do antigo Condado, fóra da parroquia mañonesa, e así foi ata xaneiro de 1988, en que Cariño, A Pedra, Sismundi, Landoi e Feás se segregaron del para formar o Concello de Cariño.
Historia archivística
A localización da documentación municipal sempre estivo ligada á historia do Concello ao estar instalada na sede municipal. Ao longo dos séculos, especialmente ao longo do século XX, sufriu diversos avatares: espolios, condicións ambientais inadecuadas para a conservación do papel, traballos de organización e posterior desorganización do xa clasificado...
Entre os anos 1944 e 1954 lévase a cabo a organización e clasificación da documentación do arquivo municipal por parte de D. Tomás Moar e Garazo, o cal, en 1954 publica en varios números de "La Voz de Ortigueira" a memoria dos traballos realizados. Na mesma recolle algúns dos avatares mencionados: "hay que saber que por incuria y abandono y mala voluntad el Archivo municipal fue saqueado y despojado. No lo inventamos. Hablamos con conocimiento de causa. Unos documentos acusan a otros y hoy poseemos el índice anual de los mismos que quedan, las lagunas que entre ellos existen prueban lo que afirmamos..."; "Cuando por ver primera hemos entrado en el local destinado a Archivo... en uno de los ángulos y a mano derecha según se entra, había un ingente montón de papel, de la altura de un hombre y de un radio, por base, como puede suponerse proporcionado a la misma. Desde nuestra inicial visita... cuando volvimos, dicho montón había desaparecido". Tamén recolle que nese momento as condicións de conservación non eran as idóneas: "si el local de archivo estuviese adecentado y no lloviese en él, como en la calle y, en él hubiese las correspondientes estanterías...".
Desde outubro do 1988 a marzo de 1989 levouse a cabo unha nova organización por parte de Anxo M. Rosende Fernández. A documentación agrúpase por temáticas ordenándose cronoloxicamente e instalándose en cartapacios. Trátase unha boa parte da documentación, aínda que queda unha parte sen organizar.
Cando en marzo de 2001 incorpórase a arquiveira municipal a documentación organizada por Anxo Rosende continúa relativamente ordenada e está toda a documentación posterior sen ordenar. Parte da documentación está instalada no edificio coñecido como "Antigo Escolar" e outra parte está nunha sala das dependencias do Concello. As condicións ambientais da primeira son malas, numerosa documentación presenta unha gran deterioración por humidade e a documentación instalada no Concello non está ordenada pero non sofre o mesmo deterioro polas condicións de instalación.
Nese momento realízanse dous traslados. A documentación cunha antigüidade superior a 25 anos instálase provisionalmente nunha sala do edificio da Escola municipal de música en espera dunha localización definitiva do arquivo histórico e a documentación de 25 anos ou menos se traslada á súa localización definitiva dentro da casa consistorial creándose o arquivo administrativo.
A comezos do ano 2005 realízase o traslado definitivo da documentación do arquivo histórico ao edificio coñecido como "Antigo Escolar" compartindo instalacións coa biblioteca municipal.
Na actualidade, mes de outubro de 2016, a documentación no arquivo administrativo hai 1946 unidades de instalación organizadas e descritas e no arquivo histórico son 1724 as unidades organizadas e descritas, quedando aínda unha parte importante de documentación sen tratar.
Alcance e conteúdo
Inclúe a seguinte documentación:
- Comunicacións.
- Partes de asistencia.
- Expediente que se relaciona co proxecto de reparación na casa vivenda do director da escola graduada.
- Expediente que se relaciona coa petición de varios mestres de aumento da indemnización polo concepto de casa-habitación.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación.