Ribeira é un concello da provincia de A Coruña, situado dentro da comarca do Barbanza. Cunha superficie de 68,83 kilómetros cadrados, o municipio conta máis de 27.000 habitantes, sendo o seu núcleo máis poboado Santa Uxía de Ribeira. O concello atópase dividido en nove parroquias, sendo estas Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira, Palmeira e Ribeira.

O Arquivo Municipal de Ribeira divídese en dous depósitos, situados o primeiro na Casa do Concello, segunda pranta, cun carácter administrativo e de 141 metros cadrados, e o segundo na Policía Local, terceira e cuarta prantas, cun carácter histórico e de 132 e 123 metros cadrados respectivamente. No segundo depósito atópanse espazos adicados ás labores dos traballadores e dos investigadores e cidadáns.

 

ACCESO

O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación.
Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte)

 

Listaxe de fondos para consulta on-line: ver documento

 

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Todo el año:
Luns a venres: 9:00 a 14:00 h.

CONTACTO

Teléfono Arquivo: 981 835 417 Ext. 10224
Teléfono Concello: 981 835 417
Correo electrónico: arquivo@ribeira.gal
Web: https://www.ribeira.gal/arquivo-historico-dixital-de-ribeira