O Arquivo Central da Consellería de Política Social, anteriormente denominada Consellería de Traballo e Benestar Social, ten a súa sede no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela. Actualmente ocupa dous locais para oficina e depósitos nos sotos do bloque 3, onde se sitúan as Consellerías de Facenda e Cultura.
O Arquivo presta o seu servizo principalmente mediante préstamos e buscas ás oficinas produtoras, pois custodia documentación que en xeral non é de acceso público.
O arquivo central é unha unidade que depende da Secretaría Xeral Técnica da propia consellería e funcionalmente ligado á Subdirección Xeral de Arquivos.
Situase o Arquivo Central no soto do bloque nº 3 do Edificio Administrativo de San Caetano, ocupa dous espazos no soto.
ACCESO
O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Inverno :
Luns a venres: 8:00 a 15:00 h.
Verán (21 de xuño a 21 de setembro) :
Luns a venres: 8:30 a 14:30 h.
CONTACTO
Teléfono: 981 545 699