A Fundación Luís Tilve é unha institución cultural privada, constituída en 1989 polo sindicato UGT_Galicia, co obxectivo de promover o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Recoñecida como tal institución e declarada de interese galego pola Xunta de Galicia en 1991.

Con tal propósito, nas instalacións da Fundación en Santiago de Compostela, creouse un Arquivo Histórico do Movemento Obreiro en Galicia, integrado no Sistema de Arquivos de Galicia, ao que se suma unha Biblioteca especializada no mundo do traballo, integrada na rede de bibliotecas de Galicia.

Ten a súa sede en Santiago de Compostela onde se custodian fondos da UGT_Galicia, do PSdeG-PSOE, Unións agrarias, federacións de traballadores do ensino, agroalimentaria, de transportes, comunicacións e mar, do metal, construción e afíns, de traballadores autónomos, e outras asociacións obreiras, profesionais e de defensa dos consumidores.

 

ACCESO

Os usuarios poderán ter acceso a documentación sempre que sexa por razóns xustificadas, como a investigación. Así o recolle a Lei de Patrimonio Histórico Español no artigo 52.3 onde di que se "habrá de permitir el estudio por los investigadores, previa solicitud razonada de estos". Sen embargo, estará restrinxido o acceso á documentación actual, aínda en vigor e por tanto de carácter privado e persoal, non histórico. A súa vez poderá acceder a documentación sen restrición algunha o persoal da institución xeradora, sempre que o funcionamento da mesma o requira.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Luns a venres: 9:30 a 14:00 h.

 

CONTACTO

Teléfono: 981 585 490
Fax: 981 566 830
Correo electrónico: fluistilve@fundacionluistilve.com
Web: www.fundacionluistilve.com