Expedientes de concesións de aproveitamentos de augas.

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.15078.AG/1.1.1.1.9.3.1.8.

Título

  • Expedientes de concesións de aproveitamentos de augas.

Data de creación

  • 1882

Data de acumulación

  • 1977-01-01 / 2006-12-31. 1977, xaneiro, 1 a 2006, decembro, 31

Nivel de descrición

  • Serie

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 999 Expediente(s)

Creador/es

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

Historia arquivística

  • Os documentos producidos polos organismos estatais en Galicia nos ámbitos das augas e das obras hidráulicas pasaron, cos decretos de transferencias á comunidade autónoma (RD 1870/1985 e RD 659/1986) nos que estaba incluída a entrega de documentación e expedientes relativos aos servizos traspasados, a custodiarse nos locais da entidade Augas de Galicia. No ano 2014 esta entidade fixo a primeira transferencia ao Arquivo Histórico.

Alcance e contido

  • Expedientes con documentación administrativa sobre a tramitación e documentación técnica dos proxectos de aproveitamentos de augas tanto para usos domésticos (consumo ou rego) como industriais (accionamento de muíños, serradoiros, obtención de enerxía eléctrica, etc.).
Clase de documento:
  • Textual

Condicións de acceso

Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
Normativa:
  • Trátase de documentación pública de titularidade autonómica . Ao estar depositados nun Arquivo, os documentos adquiren a condición de Bens de Interese Cultural (art. 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español), pasando a gozar así do réxime de protección establecido nesas normas

Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • A reprodución de documentos está suxeita á Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e polo Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Características físicas

Material no que se rexistra a información:
  • Papel
Estado de conservación:
  • Bo
Descrición do estado de conservación:
  • En liñas xerais o estado e bo. Non obstante, existe un pequeno grupo de documentos en mal estado ao resultar afectados pola humidade.

Documentación relacionada

Existencia e localización de copias

Existencia de copias:
  • No existen copias

Notas

Nota xeral
  • As concesións de aproveitamentos son só das bacías hidrográficas de "Galicia-Costa", xa que a do "Miño-Sil" é de competencia estatal.