O Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela creado no ano 1975 co obxetivo de recuperar, poñer a salvo e inventariar todo o acervo documental da diocese, especialmente, a documentación parroquial. É un arquivo titularidade da Igrexa católica, en concreto, da Diocese de Santiago de Compostela.
Custodia os fondos da Curia Arzobispal dende a Idade Media ata a actualidade, os fondos parroquiais, o fondo se San Martín Pinario, das Confrarías e outras institucións eclesiásticas.
Ten a súa sede no antigo mosteiro beneditino de San Martín Pinario, que alberga tamén o Seminario Maior de Santiago e outras institucións e servizos.
ACCESO
O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Inverno :
Luns a xoves: 9:30 a 14 h.
Venres: 9:30 a 13:30 h.
Verán :
Pechado 15 días
CONTACTO
Teléfonos: 981 562 800 / 981 583 884
Correo electrónico: archivo@ahds.es
Web: www.ahds.es
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal