O Arquivo Municipal de Cariño é un arquivo de titularidade pública municipal que recibe por transferencia das oficinas municipais a documentación que producen. É un concello de recente creación polo que os seus fondos documentais abranguen dende a data da súa creación, en concreto, en 1988 ata a actualidade.
ACCESO
O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación.
Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Luns a venres: 9:00 a 14:00 h.
CONTACTO
Teléfono: 981 405 064
Correo electrónico: concello@concellodecariño.com