O Arquivo Municipal de Foz é un arquivo de titularidade pública municipal que recibe por transferencia das oficinas municipais a documentación que producen. Os seus fondos documentais abranguen dende 1835 ata a actualidade.

 

ACCESO

O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Luns a venres: 9:00 a 14:00 h.

 

CONTACTO

Teléfono: 982 140 027
Correo electrónico: cultura@concellodefoz.es