ESCOLA DE FORMACIÓN PROFESIONAL NÁUTICO-PESQUEIRA ( 2-p5-05)
Fecha de creación
1971-01-01 / 1976-12-31
Nivel de descripción
Fondo
Volumen y soporte de la unidad de descripción
8 Unidade(s) de instalación
Historia y alcance
Historia institucional/Reseña biográfica
A primeira iniciativa que houbo en Foz para darlle unha formación profesional ás xentes do mar, foi a Escola de Orientación Marítimo Pesqueira, dirixida polo mestre D. Martín Maañón Couto. Aquela foi unha iniciativa particular, non recoñecida inicialmente pola Administración. Nos seus inicios, as clases facíanse na praza Pardo de Cela, para despois trasladarse á Cofradía de Pescadores. Os profesores que daban as clases, facíano desinteresadamente, sen ningún tipo de salario. As clases impartíanse en horario nocturno, principalmente no inverno, aproveitando a diminución das saídas ao mar.
A constante afluencia de novos alumnos fixo que o alcalde José María Beltrán Veiga, iniciará os trámites para conseguir unha escola náutica con recoñecemento oficial do Estado. Aproveitouse para iso, do Programa de Promocion Obreira Nacional (PPO), que acababa de poñer en marcha o Ministerio de Traballo no ano 1964, inscrito no primeiro Plan de Desenvolvemento.
Solicitouse a inclusión na PPO e no ano 1967 comezou a súa andaina a Escola de Formación Profesional Náutico Pesqueira de Foz (2-P-05), inscrita no censo PPT como centro colaborador do Ministerio de Traballo, a súa vez dependente da Sección Naval da Xuventude.
Escolleuse como sede da nova escola, a segunda planta da casa de San Juan, ao carón do antigo Clube Náutico.
A Escola Náutica de Foz, formaba parte dun reducido grupo de dez centros de formación oficial pesqueira de España, nos que se incluía as escolas de Madrid, Huelva, Sanlúcar de Barrameda, Valencia, Almería, Cádiz, Vigo, Ferrol e Vilagarcía de Arousa.
Impartíanse cursos de competencia mariñeira, patrón de pesca litoral de 2ª clase, motorista naval, radiotelefonista naval restrinxido, redeiro e tecedor de redes, cortador-recolledor de algas industriais ou de cultivador de marisco en parque e praia.
Os alumnos procedían de todo o territorio mariñano.
Os anos de maior matriculación foron entre o ano 11974-1976.
Ó éxito da escola, propiciou un novo proxecto para a súa consolidación coma centro permanente, con edificio propio, José María Beltrán, alcalde e directro da escola, comezoua súa tramitación no ano 1972, pero a xestión dilatouse moito no tempo. Coa chegada do novo réxime, a iniciativa paralizouse por completo e a Escola Náutico Pesqueira pechouse definitivamente.
Historia archivística
A historia do Arquivo vai paralela á historia do Concello de Foz como entidade xurídica autónoma e responde á necesidade de custodiar os documentos indispensables para a defensa dos seus dereitos e o bo funcionamentos dos seus servizos. A constitución de Foz coma concello na súa forma actual data do ano 1857. Dende ese momento a Casa Consistorial estivo alugada en diferentes edificios particulares, ata que o 17 de xuño de 1978 inaugurouse a actual Casa do Concello. Non podemos falar da existencia dun arquivo como o entendemos na actualidade ata que no ano 1993 o arquivo instalase nun edificio feito con posterioridade, anexo a Casa Consistorial. A derradeira renovación do arquivo faise no ano 2007. No Arquivo está depositada toda a documentación dende o século XIX ata actualidade. A organización dos fondos estivo a cargo de persoal do Concello, ata que no ano 1994 levase a cabo a primeira organización documental por persoal coalificado, bolseiros da consellería de Cultura. posteriormente houbo outros bolseiros, que continuaron eventualmente coa organización da documentación. A partires do ano 1998 comezase unha organización dun xeito máis continuo, continuando a organización dende os traballos feitos con anterioridade. A partires desta data seguiuse o Cadro de Clasificación do Grupo de Traballo de Arquivos da Administración Local. A documentación máis antiga data do ano1835 é o libro de actas de sesións de pleno. Existen lagunas documentais , podendo ser estas debidas ós cambios de ubicación da sede do ConcellVo.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia