O Arquivo Histórico Provincial de Lugo é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.
Depende organicamente do Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lugo e funcionalmente da Secretaría Xeral de Cultura, dentro da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria.
Ten a súa sede nun edificio funcional situado na rúa Cambria - perpendicular á Avenida de Ramón Ferreiro- nas proximidades do casco vello da cidade.
O Arquivo Histórico Provincial de Lugo foi creado como arquivo histórico provincial en 1951 e como tal recibe os fondos documentais dos órganos provinciais da administración do Estado e os fondos da administración de xustiza e rexistros da fe pública na provincia. Como arquivo integrado no Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia recibe por transferencia os documentos da administración autonómica territorial de Lugo.
Custodia tamén outros fondos públicos, como os de concellos ou de corporacións, fondos privados e unha importante e relevante colección fotográfica.
ACCESO
O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Luns a venres: 8:30 a 20:30 h.
CONTACTO
Teléfono: 982 82 83 18
Correo electrónico: ahp.lugo.informacion@xunta.es
Web: http://arquivosdegalicia.xunta.gal
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal