Troco entre Paio Eanes e Pedro Martínez, e o abade do mosteiro de Oseira, das herdades que teñen en Cea, na freguesía de San Cristovo, por outras que o mosteiro ten por Martiño Freire, converso, na Albergaría, entre outras
O mosteiro de Santa María de Oseira (San Cristovo de Cea, Ourense) foi fundado en 1137. Un grupo de catro monxes bieitos: García, Diego, Xoán e Pedro estableceron un mosteiro no lugar de Ursaria (hoxe Oseira). Despois procuraron a cesión de terras anexas por parte de persoas do círculo do emperador, como Pedro Bazaco ou Munio Tacón, e dona Guntrode Suárez. Finalmente, o rei Afonso VII fixo a doazón e o acotamento das terras fundacionais. O primeiro abade foi un daqueles monxes, García, co que se produciu unha sorprendente expansión. Ao longo do s.XII o mosteiro entrou na família cisterciense. Isto ocasionou que organizase e explotase directamente as súas propiedades agrarias, o que levou á aparición no entorno á abadía dunha serie de granxas circundantes e dependentes, que se adquirian por compra ou doazón. Co aumento do patrimonio dos mosteiros, as granxas convertiranse en administradoras de terras e centros de recollida de rendas. Os mosteiros, ademais do señorío territorial, gozaban de señorío xurisdiccional, é dicir, eran señores de vasalos, con dereito a administracón de xustiza civil e criminal, nomeamento de xuíces, escribáns... así como a percepción de dieversos trubutos. Xa nos primeiros tempos o mosteiro chegou a asomarse ao mar polo couto de Marín, e extendeu o seu poder a terras do norte de Portugal, incorporando á súa xurisdicción o mosteiro de Santa María das Junias no distrito de Montealegre. O mosteiro chegou a ter propiedades nun radio de 25 km que alacanzou a tres provincias: Este de Lugo, Sur de Ourense e Oeste de Pontevedra, pero ademais tivo propiedades espalladas pola xeografía galega como demuestra a persencia de numerosas granxas e priorados, como por exemplo en Marín (Pontevedra), na Terra de Lemos (Lugo) e en Cedeira (A Coruña).
Oseira foi filial do importantísimo mosteiro francés de Claraval, unha das casas nais da dita orde. O cénit da historia de Oseira hai que situalo no ano 1223, momento no que frei Lourenzo, procedente deste mosteiro, será nomeado abade do mosteiro de Claraval No ano 1424, o papa Honorio III, comfirmou os bens pertencentes a Oseira, conformados por máis de corenta igrexas, entre elas a de Saludes en León, granxas e centenares de lugares, incluída a dita saída ao mar polo porto de Marín.
A mediados do século XVI, Oseira incorpórase tardíamente á Congregación de Castela, e asumindo a reforma do clero regular que impulsaron os Reis Católicos. No século XIX, coa implantación do Réxime Liberal, tras a morte de Fernando VII, iníciase o proceso de Desamortización do patrimonio eclesiástico, que supuxo a disolución das orde relixiosas masculinas e a nacionalización dos seus bens. Haberá que agardar ao século XX, para que se reinstaure a actividade relixiosa do mosteiro de gran singularidade e excelencia histórica.
Historia archivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo no ano 1943. Posteriormente, en 1947, don José Osorio Martínez entregou máis documentación deste fondo e no ano 1964 don Manuel Fernández Pousa tamén ingresou no arquivo documentos relativos ao mosteiro de Santa María a Real de Oseira.