Foro outorgado por Francisco Manrique de Lara, bispo de Ourense, a Gonzalo da Cruz, veciño do couto de Mugares, e á súa muller, María Estévez, de parte dun souto, dunha herdade e dunha horta en Alén, no couto de Mugares, por dúas cuartas de viño entre outras rendas
Algúns autores sitúan na actual provincia de Ourense os inicios da Igrexa católica en Galicia cando san Martiño de Dumio, a mediados do século VI, reorganiza o cristianismo galego fundando a igrexa catedral de Ourense e varios mosteiros. Bispo e cabido foron as institucións relixiosas centrais da cidade ourensá. O bispo foi a primeira dignidade eclesiástica da diocese e o señor da cidade desde principios do século XII. A sede auriense, documentada por primeira vez no Concilio II de Braga do ano 572, foi unha sede episcopal media, sufragánea primeiro de Braga e despois de Santiago de Compostela. Na súa historia hai que salientar o conflito entre a igrexa e o concello aurienses, que se iniciou no século XIII e mantivo en vilo á cidade durante toda a Baixa Idade Media. Neste contexto de enfrontamentos, os partidarios do bispo Pedro Yáñez de Novoa queiman o convento dos franciscanos a finais do século XIII. O absentismo dos bispos de Ourense foi unha práctica habitual e os pontificados foron xeralmente curtos dado que ao ser unha diocese de “entrada” os prelados promocionaban a outras sedes máis importantes. No século XVI o episcopado perde definitivamente o señorío sobre a cidade. Entre os bispos da cidade destacou Pedro Benito Quevedo e Quintano (1776-1818) figura clave da historia ourensá que fundou o Seminario Conciliar de Ourense en 1804, xogou un papel destacado durante a Guerra de Independencia e chegou a cardeal.
Historia archivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Alcance y contenido
No documento faise referencia a tres visitas: 12 de setembro de 1548, realizada por Gaspar de Alba, a segunda de 2 de xuño de 15[--] por Hernando de [...], e a terceira 17 de mayo de 1557 por Juan Afonso