Foro outorgado por Francisco Manrique de Lara, bispo de...

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.32054.AHPOU/2.4.2.3.1.1.//23/19
Signatura:
  • Carpeta 23/19

Título

  • Foro outorgado por Francisco Manrique de Lara, bispo de Ourense, a Gonzalo da Cruz, veciño do couto de Mugares, e á súa muller, María Estévez, de parte dun souto, dunha herdade e dunha horta en Alén, no couto de Mugares, por dúas cuartas de viño entre outras rendas

Data de creación

  • 154[...], maio, 7

Nivel de descrición

  • Unidade documental

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 1 Pergameo(s)
  • 305 x 440 mm.

Creador/es

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

Historia arquivística

  • Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.

Alcance e contido

  • No documento faise referencia a tres visitas: 12 de setembro de 1548, realizada por Gaspar de Alba, a segunda de 2 de xuño de 15[--] por Hernando de [...], e a terceira 17 de mayo de 1557 por Juan Afonso

Condicións de acceso

Lingua:
  • Spanish; Castilian
Escritura:
  • Humanista

Características físicas

Material no que se rexistra a información:
  • Pergameo
Estado de conservación:
  • Deteriorado
Descrición do estado de conservación:
  • O documento está cortado pola mitade

Notas

Nota xeral
  • Afonso do Casar, escribán e notario

Descritores