O Arquivo Histórico Provincial de Ourense é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia. Depende organicamente do Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Ourense e funcionalmente da Secretaría Xeral de Cultura, dentro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Ten a súa sede nun relevante edificio histórico que foi convento franciscano entre os séculos XIV e XIX e cuartel de infantería entre as décadas de 1840 e 1980.

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense creouse no ano 1943, a partires dos fondos das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX de gran valor histórico para Galicia. Como arquivo histórico provincial recibe a documentación da administración periférica do Estado, da administración de xustiza e os rexistros da fe pública na provincial de Ourense. Como arquivo integrado no Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia recibe os fondos documentais producidos pola administración territorial da Xunta de Galicia en Ourense. Custodia outros fondos públicos de concellos e institucións provinciais e destaca, ademais de polos fondos medievais de institucións relixiosas, polos fondos privados de persoas e familias.

 

ACCESO

O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Inverno :
Luns a venres: 8:30 a 20:30 h.

Verán (15 de xuño a 15 de setembro) :
Luns a venres: 8:30 a 19:30 h.

 

CONTACTO

Teléfono / Fax: 988 78 82 28
Correo electrónico: arq.prov.ourense@xunta.gal