O Arquivo Histórico Diocesano de Tui é un arquivo titularidade da Igrexa católica, adscrito ao Bispado de Tui-Vigo. Creado no ano 1974 para recoller os libros sacramentais das parroquias. O arquivo custodia os fondos da Curia Diocesana, os fondos parroquiais da Diocese de Tui-Vigo e os do Hospital de Tui. Na actualidade este arquivo aglutina ao Arquivo da Catedral de Tui-Vigo. Pola orixe da institución os seus documentos son dos máis relevantes do patrimonio documental galego.
É arquivo de carácter histórico, dentro da tipoloxía de arquivos eclesiásticos e integrado no Sistema de Arquivos de Galicia. Ten a súa sede no centro histórico da cidade de Tui, ao carón da catedral.
ACCESO
O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación.
Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Luns a venres: 10 a 14 h.
Temporalmente, debido a procesos de reestruturación e
reorganización dos fondos, restrínxese a consulta exclusivamente
ós mércores e venres.
CONTACTO
Teléfono: 986 600 879
Correo electrónico: aboga@catedraltui.e.telefonica.net
Web: www.diocesetuivigo.org/
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal