Nota biográfica o histórica: Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo nace en Ourense o 5 marzo de 1888. Nos seus anos de escola e instituto vive en Ourense, pasando longas tempadas na casa da aldea de Cima de Vila en Trasalba (Amoeiro Ourense) * (1905) Matricúlase na Universidade de Santiago de Compostela para facer o Curso de ampliación. * (1905) Trasládase a Madrid para estudar na Universidade Central Filosofía e Letras e Dereito, obtendo o título de Doutor en Historia. * (1911) Volve a Ourense coas dúas licenciaturas. * (1914) Intégrase nun grupo de intelectuais fundadores do Ateneo ourensán, onde será tesoureiro. * (1917) Con compañeiros do Ateneo, Risco e Cuevillas, edita La Centuria. No mesmo ano ingresa nas Irmandades da Fala. * (1918) Forma parte da Xeración Nós. * (1919) Aproba as oposicións á cátedra de Xeografía e Historia de ensino medio. O seu primeiro destino é un IEM de Burgos. * (1920) Con destino en Santander coñece a Mª Josefa Bustamante coa que casa en 1923. Comeza unha intensa actividade periodística entre as que caben destacar a revista Nos, La Zarpa, La República, e Heraldo Gallego. * (1921) Volve a Ourense como profesor de ensino medio. * (1923) Incorpórase ao recén fundado Seminario de Estudos Galegos como responsable no eido da xeografía. * (1930) Presidente da Asociación de Escritores Galegos. * (1931) Impulsor do Partido Nacionalista Republicano de Ourense do que será presidente. Sae Deputado polo Partido Galeguista pola provincia de Ourense para as primeiras Cortes Constituíntes republicanas. * (1937-1948) Debido á súa entrega á causa galeguista foi inhabilitidado e separado da cátedra polo réxime franquista. Retírase ao Pazo de Trasalba e conságrase á súa profesión de escritor, converténdose ademáis nun símbolo vivo da resistencia cultural. * (1947) Primeira viaxe a América invitado polo Centro Galego de Buenos Aires, onde dará diversos discursos. * (1948) Reposto de oficio na súa catedra, incorpórase ao Instituto de Ourense tras once anos de inhabilitación. * (1950) Catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, por unanimidade de votación do Tribunal. * (1950) Funda, xunto con outros membros das Mocidades Galeguistas, a Editorial Galaxia da que será presidente. * (1958) Xubílase da docencia universitaria. * (1959) Regresa a Ourense definitivamente. Fai a segunda viaxe á América convidado outra vez polo Centro Galego de Buenos Aires. * (1962) Recibe o Premio Galicia da Fundación March. * (1964) Gaña o Premio da Deputación Provincial de Ourense polo seu traballo sobre o Padre Feijóo. * (1975) Na primavera morre a súa esposa, Dona Fita. * (1976) O 10 de abril, morre en Amoeiro no seu Pazo de Trasalba. Foi membro, tamén, das seguintes institucións: Membro de Número da Real Sociedad Geográfica Española, Académico Correspondente da Real Academia Española, Director da Sección de Xeografía do Seminario de Estudos Galegos, Académico de Número da Real Academia Galega, Membro do Patronato do Instituto Padre Sarmiento do CSIC, Académico Correspondente da Real Academia de la Historia, Cronista Oficial da Cidade de Ourense, Membro do Padroado e da Comisión Permanente do Instituto de Estudios Ourensáns Padre Feijóo, Membro do Padrodo do Colexio Universitario de Ourense. Utilizou os seguintes seudónimos e iniciais: Tristán de Montenegro, Luis de Alba, Juan Gallego, Santiago Amaral, Luis Peñanofre, Cerro de los Santos, R.O.P., O.T.
Historia archivística
Francisco Fernández del Riego se encargou de cumprir a derradeira vontade de Ramón Otero Pedrayo: instalar o seu legado de documentos privados e familiares na Fundación Penzol para que despois de organizados puideran consultalos os investigadores..
Alcance y contenido
O fondo documental de Ramón Otero Pedrayo permite coñecer a súa traxectoria vital, profesional e intelectual, así como a vasta e plural obra dun dos máis importantes polígrafos da cultura galega. Ademais, serve de fonte histórica para investigar o ambiente da época, xa que foi un prestixioso coñecedor e intérprete de parte dos séculos XIX e XX galegos. No conxunto do fondo salientan as seguintes series: Obra orixinal (47 unidades de instalación) de gran valor para a investigación da produción literaria e científica oteriana, formada por unha cantidade inxente de autógrafos de Otero Pedrayo (manuscritos ou mecanografados), nalgúns casos aínda inéditos ou xa publicados; Correspondencia, formada por 10.800 unidades documentais; e Fondos especiais, integrada por fotografías propias, alleas, debuxos, etc.
Documentación relacionada
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: No arquivo da Fundación Pedro Barrié de la Maza (A Coruña), Fondo Domingo García Sabell, consérvase documentación de e sobre Ramón Otero Pedrayo que aínda está pendente de organización. Tamén existen documentos relacionados con Otero e da súa autoría no arquivo Francisco Fernández del Riego na Casa Galega da Cultura de Vigo e nos fondos Xerais e Xosé Filgueira Valverde do Arquivo do Museo de Pontevedra..
Notas
Nota general
Anotación ao verso: A mi querido amigo E. Otero. Agosto 10 79. Manuel Rodríguez