Autos para a execución dunha obrigación adquirida polos fillos de Gómez de Lema, curador que fora de María de Lema e Fernando de Gendos, menores, fillos de Gonzalo Suárez, por ter sido alcanzados nas contas da curadoría.
Fecha de creación
(1545-1546)
Nivel de descripción
Documento
Volumen y soporte de la unidad de descripción
3 Folla(s)
293 x 194 mm., 286 x 397 mm. (pregado en 287 x 201 mm.)
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia archivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance y contenido
Contén: 1.- 1546-05-08 / A Coruña Mandato xudicial para que os debedores dos fillos de Gonzalo Suárez se presenten ante a xusticia. 2.- 1546-05-14 Notificacións do mandato anterior aos interesados. 3.- 1545-02-19 / Peiraio (San Cibrán de Bribes, Cambre, A Coruña) Pedro Núñez e Pedro Suárez de Gendes, curadores respectivamente de María de Lema e Fernando de Gendos, menores, reciben conta dos heredeiros de Rodrigo de Lema, curador que fora dos ditos menores. 4.- 1545-02-19 / Peiraio (San Cibrán de Bribes, Cambre, A Coruña) Obrigación que os heredeiros de Rodrigo de Lema fan de pagar o que deben o próximo día de Santa María de Agosto, para o que hipotecan dúas cortiñas.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Lengua:
Castelán
Escritura:
Letra procesal
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Notas
Nota general
Onomástica antiga: - G[onçal]o Suares - Pero Nunez - Maria de Lema - Pero Suárez de Gendes - Fernado de Gendes Notario: - Vasco Marcote - Álvaro do R[e]g[ueir]o - Pero Manso.