Fernando, Marina e Maior Pérez, irmáns, fillos de Pedro Fernández de Esmoriz, e Martiño Eanes, marido da segunda, venden a Xoán Eanes canta heredade teñen no casal de Xuso en Vilacide, feligresía de San Martiño de Oroso, por vinteunha libras do rei don Fernando.
Fecha de creación
(1304-05-02)
Nivel de descripción
Documento
Volumen y soporte de la unidad de descripción
1 Fotografía(s)
200 x 236 mm.
Otras características físicas:
Presenta buracos de ter estado cosido, encadernado
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia archivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance y contenido
Traslado acta realizado por Fernando Peláez, por mandato dunha autoridade compostelá, sobre unha nota de Gonzalo Eanes (Gundisaluus Iohannis).
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Lengua:
Latín
Escritura:
Letra gótica documental, e letra de privilexios na suscripción
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Notas
Nota general
Leva anotacións ao verso: Onomástica antiga: - Fernandus Petri - Marina Petri - Maior Petri - Petri Fernandi d'Esmoriz - Martini Iohannis Toponimia antiga: - Villazide Derradeyro Notario: - Fernandus Pelagii - Gundisalvum Iohannis De Fernando Peláez coñecemos un documento datado en 1308. Co nome de Gundisaluus Iohannis actuaron tres notarios en Santiago de Compostela: o primeiro entre 1223 e 1228, o segundo entre 1308 e 1310, e un terceiro en torno a 1317. [Bouza Brey, Mª. Emilia: "Orígenes de la notaría. Notarios en Santiago de 1100 a 1400". En COMPOSTELLANUM, vol. v, Santiago de Compostela, 1960.].