Xácome Rodríguez, veciño de San Miguel de Moreira, vende a Gómez Rodríguez, cóengo da Igrexa de Santiago, todas as heredades que ten no lugar do Preguecido (Santa María de Aguións), no lugar de Vilagude (San Miguel de Moreira) e todo canto ten en terra de Tabeirós, excepto o que ten en Vilafruxil e Moreira Vella (San Miguel de Moreira) e Berres (San Vicenzo de Berres), por tres ducados de ouro.
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia archivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance y contenido
Documentos soltos, de orixe público e privado, aínda que predominan os segundos. Os tipos documentais abranguen vendas, foros, sentenzas, pesquisas ou informacións e algún privilexio real entre outros. A súa orixe xeográfica comprende as catro actuais provincias galegas, se ben maioritariamente se concentran na actual provincia de A Coruña e o norte da de Pontevedra. A presencia de documentos elaborados fora de Galicia é minoritaria. Existía un grupo de 147 documentos que orixinariamente atopábanse encadernados nun volume, do que se conservan a cuberta e índice formando parte da colección (PLA-04/286)..
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Notas
Nota general
Vai cosido a un bifolio de papel (310 x 419 mm., pregado en 311 x 204 mm., sen filigrana) que lle sirve de cuberta. Onomástica antiga: - Jacome Rodriguez - Gomez Rodrigues Toponimia antiga: - Pregueçido - Santa Maria d'Aguioos - Villafrogil - Vilagude - San Miguel de Moreira - Moreira a Bella - Berrez - Tabeiroas - Tabeyroas Notario: - "Alberte Fernandez, notario e theniente de notario publico terra de Tabeyroas, Bea et su jurdisçion por el senor Fructuoso Gallos, notario en la dicha terra por la Santa Iglleia de Santiago e su arçobispo della".