Contén: 1.- 1497-02-02 / Carantos (San Martiño de Oca, Coristanco, A Coruña) María Ramos, filla de Xoán Ramos de Vilaverde, doa a Gonzalo Melón todos os bens que lle pertenecen pola súa avoa Constanza Oanes no lugar de Constenla, feligresía de Santo Estevo de Goiáns, e na feligresía de Santiago de Sísamo. Traslado certificado. 2.- 1497-08-27 / Buño (Santo Estevo de Cerdeira). Gonzalo de Melón, veciño de Malpica, fae doazón a Xil Correas e a súa muller María Gómez, veciños da mesma vila, todos os bens que ten no lugar de Constela, feligresía de Santo Estevo de Goiáns, e na feligresía de Santiago de Sísamo por doazón que a el lle fixo María Ramos. Copia certificada. Notario: Diego de Armentón. 3.- 1504-02-03 / Malpica (A Coruña). Sancha de Ameneira, presente Xoán Da Ameneira, seu marido, vende a Xil Correas, pescador, e a súa muller María Gómez, veciños de Malpica, todos os bens que ten na feligresía de Santiago de Sísamo, por catro reais. Copia certificada. Notario: Diego de Armentón.
Material en el que se registra la información: Papel
Letra procesal