A Fundación Penzol é unha entidade cultural privada sen ánimo de lucro, creada en 1963 por iniciativa de Fermín Penzol, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas ilustres, para preservar e dar acceso público ao legado de Fermín Penzol e crear un centro de estudos e de documentación acerca da Lingua e a Literatura galegas.

Fermín Fernández Penzol-Labandera, rexistrador da propiedade e bibliófilo, reuniu durante máis de corenta anos unha importante colección de libros, folletos, periódicos, revistas e documentos relacionados coa historia e a lingua de Galicia. Antes do seu falecemento fixo depositaria deste legado á Editorial Galaxia, que asumiu o seu mantemento.

A colección foi enriquecéndose con novas e variadas achegas e resulta de enorme interese para o coñecemento da historia de Galicia nas súas diversas manifestacións.

A Fundación ten a súa sede nun edificio do século XIX coñecido como Casa da Cultura, froito dun convenio de colaboración co Concello de Vigo y desenvolve actividades formativas, de divulgación e de cooperación cultural.

 

ACCESO

O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación.
Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Inverno:
Luns a venres: 9:00 a 14:00 y 17:00 a 20:00 h

Verano (do 15 de xuño ao 15 de setembro):
Luns a venres: 9:00 a 14:00

 

CONTACTO

Teléfono: 986 226 459
Fax: 986 226 459
Correo electrónico: casagalegacultura@vigo.org