Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia archivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance e conteúdo
No verso: 1.- 1526-02-15 / Xermeade (San Cristovo de Reis, Teo) Xoán Fernández de Caxade, veciño de Caxade, feligresía de Santa María de Luou, vende a Bertomeu Chico e a súa muller Tareixa Afonso de Caxade unha metade, e a Xoán López e a súa muller María Alonso a outra metade de todas as casas e heredades que ten no lugar de Caxade e media rapada de centeo no lugar do Aído por catorce ducados de ouro. 2.- 1526-12-09 / Santa María de Luou Traspasación que fan Bertomeu Chico e Xoán López dos bens adquiridos en Caxade e Aído nas súas respectivas mulleres, Tareixa Afonso de Caxade e a María Alonso.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Notas
Nota general
Onomástica antiga: - Juan Fernandes de Cajade / Caxade - Bartolame Chico - Taresa Alonso - Juan Lopez - Maria Alonso Toponimia antiga: - Cajade - Caxade - Aydo - Santa Maria de Luou - San Chrisptobal de Reys Notario: - "Gomes Fernandes de Sant Jurjo, notario publico e lugartheniente de notario publico e hordenario de terra de Ribadulla por Froytoso Gallos, notario de la sobre dicha terra por la Santa Ygleia de Santiago".