Alfonso Fernández de Villarino, por si e por Maior Rodríguez, súa muller, toma en arrendo de Domingo Xulián, tendeiro de Campo, dúas partes dunha heredade sita na vila de Vilariño, na feligresía de San Martiño de Cances, excepto a cortiña de Ameixenda, por oito anos e unha renta anual de oitenta soldos alfonsís e un carneiro, postos en Santiago de Compostela polo día de San Miguel de setembro.
Fecha de creación
(1299-02-23)
Nivel de descripción
Documento
Volumen y soporte de la unidad de descripción
1 Fotografía(s)
170 x 145 mm.
Otras características físicas:
Presenta buracos de ter estado cosido, encadernado
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia archivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance e conteúdo
Documentos soltos, de orixe público e privado, aínda que predominan os segundos. Os tipos documentais abranguen vendas, foros, sentenzas, pesquisas ou informacións e algún privilexio real entre outros. A súa orixe xeográfica comprende as catro actuais provincias galegas, se ben maioritariamente se concentran na actual provincia de A Coruña e o norte da de Pontevedra. A presencia de documentos elaborados fora de Galicia é minoritaria. Existía un grupo de 147 documentos que orixinariamente atopábanse encadernados nun volume, do que se conservan a cuberta e índice formando parte da colección (PLA-04/286)..
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Lengua:
Latín
Escritura:
Letra gótica documental
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Notas
Nota general
Onomástica antiga: - Alfonsus Fernandi - Maiore Roderici - Dominico Iuliani Toponimia antiga: - Villarino - Sancti Martini de Cances Notario: - "Dominicus Petri notarius compostellani".