Na Orde do 24 de xuño de 1961 esta subsección aparece organizada en negociados co nome de Sección de Goberno e Réxime Interior, concibida para cumprir os cometidos que tradicionalmente se encadraban na esfera de competencias do Ministerio da Gobernación. No entanto, parte dos cometidos que recolle o noso cadro de clasificación encádranse, na dita orde, na subsección de Coordinación e Relacións Públicas (como o negociado do BOP, o de Protocolo ou o de Rexistro).
No Real decreto 2669/1977, de organización dos gobernos civís, indícase que os gobernos civís estruturaranse nunha serie de unidades básicas baixo a dependencia do secretario xeral. A primeira delas é a de Asuntos Xerais, que se pode equiparar xa en gran medida nas súas competencias e negociados con esta subsección. A Orde do 13 de decembro (que desenvolve o dito real decreto) estrutura a sección, que depende do vicesecretario xeral, en seis negociados; entre eles, Protección Civil e Xurado de Expropiación.
Finalmente, na orde do 25 de xuño de 1982 que estrutura as secretarías xerais, encontramos a Sección de Asuntos Xerais dividida en varios negociados, cunha estrutura moi semellante á do 1977, aínda que desaparece o de Protección Civil e aparece un novo, o de Órganos Colexiados.
Historia arquivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e contido
Inclúe:
- Recibo da "Caja de suscripción a favor de los defensores de España"
- Factura de Joaquim Gomes Filippe (Lisboa)
- Recibo de venda de moeda estranxeira ao Negociado 9º para mercar en Portugal
Condicións de acceso
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Dereitos de Autor
Situación de Dereitos de Autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Poden considerarse complemento deste fondo documental os da Administración central delegada e outros de ámbito provincial custodiados no ARG como os de Cultura, Educación, Estatística, Facenda, Xefatura Provincial do Movemento , Sanidade e Información e Turismo. Tamén os da Administración de xustiza territorial (Audiencia Territorial) e Administración institucional (Organización Sindical). Os fondos dos diferentes ministerios custodiados nos seus arquivos centrais e no Arquivo Xeral da Administración situado en Alcalá de Henares. Especialmente significativo é o fondo do Ministerio do Interior / Gobernación. Para series máis concretas, son interesantes os fondos dos Ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, Industria e Enerxía, Cultura, Educación e Ciencia, Xustiza ou o do Exército (no tocante ás forzas e corpos de seguridade do Estado). Fondos como os dos concellos e deputacións provinciais son imprescindibles para o estudo da administración local. Os arquivos de numerosas entidades privadas (empresas comerciais, industriais, bancos...) achegan información complementaria para series relacionadas coa seguridade privada e outros aspectos.
Notas
Nota xeral
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.