Memoria e Concordia é un proxecto encamiñado á difusión e preservación de documentos relacionados cos episodios históricos do Golpe de Estado, Guerra civil e Ditadura franquista, e o posterior camiño, longo e arduo, ata a Constitución española de 1978.

Corresponde aos poderes públicos promover, fomentar e garantir o coñecemento da nosa historia coa finalidade de recoñecer dereitos individuais ou colectivos e de afianzar na sociedade os valores democráticos que garantan as liberdades públicas e os dereitos civís.

Coa finalidade de facilitar o acceso aos documentos  referidos aos episodios históricos anteriormente citados e de contribuír ao coñecemento dunha parte fundamental da nosa historia que debe ser construída, entre outros cementos sobre os testemuños documentais conservados tanto en arquivos públicos como privados, nacionais ou estranxeiros, a  Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades puxo en marcha un proxecto encamiñado a identificar, describir e dixitalizar fondos documentais custodiados  nos arquivos de xestión autonómica e poñelos a disposición das persoas interesadas a través de Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia.

Inclúe o proxecto a descrición e dixitalización de documentos producidos polas Institucións do Movemento Nacional instauradas a partir do alzamento militar de 1936 (Falanxe Española, Sección Feminina, Fronte de Xuventudes, Sección Naval da Fronte de Xuventudes), os tribunais de responsabilidades políticas, os gobernos civís, as prisións provinciais ou fondos privados de persoas e familias, empresas, asociacións e fundacións especialmente implicados nos acontecementos sucedidos neste período histórico.

Este proxecto, que se puxo en marcha no ano 2020, terá continuidade ata o momento en que todos os fondos documentais de referencia se atopen  dixitalizados e accesibles a través de Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia.

  • A Coruña [Visual] : [Acto de proclamación da...

    A Coruña [Visual] : [Acto de proclamación da...

    Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña, España)

  • Telegrama do Casino Republicano de Ferrol e,...

    Telegrama do Casino Republicano de Ferrol e,...

    Goberno Civil da Coruña (España)

  • Constitución da República española, promulgada...

    Constitución da República española, promulgada...

    Suárez Picallo, Ramón

  • Homenaxe a Castelao en Lugo

    Homenaxe a Castelao en Lugo

    Real Academia Galega

  • Parada militar conmemorativa da proclamación da...

    Parada militar conmemorativa da proclamación da...

    Real Academia Galega

  • Vista dunha multitude nunha praza /Pacheco

    Vista dunha multitude nunha praza /Pacheco

  • A Coruña [Visual] : [Desfile militar polo...

    A Coruña [Visual] : [Desfile militar polo...

    Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña, España)

  • Expediente xustificativo de gastos: facturas...

    Expediente xustificativo de gastos: facturas...

    Goberno Civil da Coruña (España)

  • Corpo do exército de Galicia na Campaña de...

    Corpo do exército de Galicia na Campaña de...

    Villaamil, Fernando

  • Expediente persoal do excombatente Saturnino...

    Expediente persoal do excombatente Saturnino...

  • Corpo do exército de Galicia na Campaña de...

    Corpo do exército de Galicia na Campaña de...

    Villaamil, Fernando

  • Expediente persoal do excombatente Manuel...

    Expediente persoal do excombatente Manuel...

  • María Casares cos galegos de Buenos Aires

    María Casares cos galegos de Buenos Aires

    Suárez Picallo, Ramón